GAMALLO AMÓSASE EN BRUXELAS OPTIMISTA POLA POSIBLE CHEGADA DA AXUDA TRANSITORIA PARA GALICIA A PARTIR DE 2013
La Xunta se muestra optimista sobre la posibilidad de obtener ayuda transitoria de la UE para Galicia a partir de 2013
- Tivo lugar no seminario organizado na Fundación Galicia Europa sobre o futuro da Política Rexional ao que asistiron representantes da Comisión Europea, o Parlamento Europeo e a Presidencia belga.
- Amósase moi optimista tras entrevistarse coa presidenta da comisión de Presupostos do Parlamento Europeo
- Aproveitou este foro para presentar a macrorrexión Rexións do Sueste de Europa (RESOE)
Bruxelas, 7 de outubro de 2010.- A Fundación Galicia Europa en Bruxelas acolleu hoxe a celebración dun seminario de alto nivel enmarcado na Semana Europea das Cidades e Rexións ‘Open Days’ que xirou entorno ao futuro da Política Rexional.
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE e director da Fundación Galicia Europa presidiu o debate “Unha Política de Cohesión para todos, xustificación para o futuro” que contou coa participación de Danuta Hübner, do Parlamento Europeo, Pascal Goergen, en representación da Presidencia belga e membros da Comisión Europea. Así mesmo, participou no seminario o profesor da London School of Economics, Iain Begg, autor do estudio “O futuro da Política de Cohesión nas rexións máis prósperas”, e os responsables políticos de distintas rexións europeas implicadas no debate dos fondos de cohesión, entre os que se atopa o director xeral de Planificación e Fondos da Consellería de Facenda, Francisco Javier Rodríguez Seijo.
Gamallo expresou a necesidade de que as rexións como Galicia, que lidera o grupo de rexións CROWC (Convergence Regions on the way to cohesion) que superan por primeira vez o 75% da renda media comunitaria, “contribúan a este debate desde a experiencia na xestión dos fondos comunitarios”. Asimesmo, fixo fincapé na necesidade de obter unha axuda transitoria a partir de 2013, “tal e como vén ocorrendo nos períodos transitorios precedentes coa fin de non poñer en perigo as importantes inversións realizadas ata o de agora”.
Con la ayuda, consolidar esfuerzos
Así mesmo, e tras entrevistarse coa presidenta da Comisión de Desenvolvemento Rexional do Parlamento Europeo, Danuta Hübner, amosouse optimista en torno á demanda de Galicia en favor desta axuda.
A resposta a esta demanda garantiría, en palabras do Director, «que a partir de 2013 Galicia poida consolidar e avanzar en todos os esforzos feitos ata agora en materia de desenvolvemento e converxencia con Europa». Aínda así, Gamallo amosouse cauteloso é asegurou que “aínda non se poden lanzar as campás ao vento porque queda percorrido por facer pero hoxe son máis optimista que hai uns meses”. “O traballo que vimos facendo comeza a dar algúns frutos e a estratexia impulsada polo presidente Feijóo sobre o aterraxe suave está cada día máis preto de acadarse”, engadiu.
