El Pleno del Parlamento Gallego debatirá la creación de una comisión de investigación sobre la autovía de Carballo a propuesta de los socialistas

Pleno do Parlamento galego debatirá a creación dunha comisión de investigación pola autovía de Carballo proposta polos socialistas

El Pleno del Parlamento Gallego debatirá la creación de una comisión de investigación sobre la autovía de Carballo propuesta por los socialistas

Fernández Leiceaga sinala que a “situación imposible” do conselleiro de Infraestruturas “compromete gravemente ao presidente da Xunta”
 

Santiago de Compostela, 06 de outubro de 10. O primeiro punto do Pleno do Parlamento da próxima semana será o debate de creación da Comisión de Investigación da Autovía Carballo – Berdoias. Así o anunciou o portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, quen apuntou logo da Xunta de Portavoces da Cámara que a “situación imposible” do conselleiro de Infraestruturas “compromete gravemente ao presidente da Xunta”.

Leiceaga reclamou unha Comisión de investigación sobre unha obra que ía ser adxudicada pola Xunta cun sobrecuste mínimo de 200 millóns de euros sobre a oferta máis vantaxosa, “tal e como mesmo admitiu o presidente da Xunta”. Reclamou “chegar ao fondo do asunto” para que a Xunta explique por qué deron marcha atrás nun proceso cun sobrecuste que inicialmente negaban e, sobre todo, “qué tería pasado si os socialistas non o denunciáramos”.

O responsable socialista dixo que “non é que os pilláramos coas mans da masa, é que xa tiñan a tarta no forno”, e reclamou que o presidente da Xunta faga honor ao seu compromiso coa verdade e á súa reivindicación, como portavoz da oposición, de permitir a constitución de Comisións de Investigación sen necesidade de maioría. Instou ao PP a “rectificar nas súas manifestacións e aprobar esta Comisión de Investigación”.

Dixo que o conselleiro de Infraestruturas sitúase nunha “situación imposible que compromete gravemente ao presidente da Xunta” que se ve “salpicado” polas súas irregularidades ao mantelo como conselleiro. Os socialistas preguntarán así na sesión de control ao goberno pola presunta reunión do conselleiro con concelleiros e empresarios de Moaña na que posiblemente incorreron en tráfico de influencias, como denuncia o propio PP desta localidade.

Fernández Leiceaga sinalou que os socialistas tamén preguntarán ao conselleiro polo cese da directora xeral de Infraestruturas, que foi quen presidiu o tribunal que fixo a concesión da licitación da autovía de Carballo – Berdoias, así como sobre si se considera en condicións de participar na contratación pública ao estar imputado no TSXG por unha presunta certificación en falso de obra pública na súa etapa na Deputación de Pontevedra.

Criticou tamén a negativa do PP á comparecencia da conselleira de Facenda para explicar as perspectivas de débeda de Galicia, que pode “poñer en risco a prestación de servizos públicos esenciais”. Dixo que nesta lexislatura Galicia pasará de 3.800 a 15.000 millóns de débeda pública, catro veces máis, coa débeda acumulada un 30 por cento por riba do PIB e cunha devolución concentrada ata 2016 de 800 millóns anuais con “picos de máis de 1.000 millóns”.

Neste mesmo sentido, os socialistas interpelarán ao Goberno sobre o deterioro da calidade do ensino público, e nomeadamente sobre a situación dos comedores escolares, así como sobre a supresión do Noitebús, que considera un “erro” por “ter en conta a contabilidade financeira e non a social”.
Leiceaga criticou que diante desta situación o presidente da Xunta anuncie novas rebaixas fiscais, o que é unha “evidencia da súa inconsciencia, de non entender nada e non darse conta da gravidade da situación do país”, co que “traslada á sociedade unha idea equivocada”.

Pregunta ao presidente
O presidente do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Pachi Vázquez, preguntará ao presidente sobre a situación sociolaboral de Galicia, logo dos preocupantes datos do incremento do paro en Galicia. Esta situación, dixo, deriva da parálise e recortes da Xunta –o  conselleiro Hernández comparecerá para explicar a rebaixa dun Plan Move que non foi aprobado no Consello nin remitido ao Parlamento formalmente-, e á súa ineficacia.

No pleno da próxima semana tamén será debatida unha Proposición non de Lei sobre o transfuguismo, para que o presidente da Xunta e o PP, dixo Leicega, “demostren si están dispostos a revalidar o seu compromiso co pacto antitransfuguismo”. Neste sentido, dixo, o PP deberá explicar si teñen a vontade de incluír tránsfugas nas listas e de que o “muñidor” do transfuguismo que é Rafael Louzán acepta a decisión do presidente da Xunta.

O portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia lembrou que, días despois de que o PP aprobara unha iniciativa antitransfuguismo na Cámara autonómica, eles mesmos promoveron unha moción de censura apoiada nun tránsfuga.

Este Pleno incluirá tamén unha interpelación sobre a “paralización alarmante” e as “irregularidades” rexistradas nos procesos selectivos da Xunta de Galicia. Os socialistas presentarán tamén unha Proposición de Lei de apoio aos familiares das vítimas da Guerra Civil e a ditadura franquista con “espírito aberto para reparar a ferida de moitas familias que permanecen desasosegadas dende hai tempo”.

¿Y tú qué opinas de esto?