La asociación ecologista Adega ha hecho público que hoy se entrevistará con Augas de Galicia para reclamar medidas urgentes en relación al embalse del Salnés de forma que se solucionen los problemas con el agua potable
Despois do acto reivindicativo do sábado pasado no encoro de Caldas no que veciños de Caldas, -co apoio de ADEGA, do colectivo ecoloxista do Salnés e da Coordinadora antiencoro-, reclamaban da Administración de Augas de Galicia medidas urxentes para, -tal e como ordena a Directiva Marco da Auga-, recuperar a salubridade da auga potable e a calidade da auga do encoro e do río, membros de ADEGA e da coordinadora antiencoro manterán mañán, Xoves, día 7, á 1 do mediodía, no organismo de AUGAS DE GALICIA, unha entrevista co seu presidente, Francisco Menéndez, do que agardan coñecer as propostas do organismo ao problemas da auga potable, do río e do encoro de Caldas.
Por parte de ADEGA faráselle entrega dun escrito no que, despois de expoñerlle os graves efectos que, para a saúde da xente e para a saúde do río, se derivan desta masiva e reiterada proliferación de cianobacterias do xénero Microcystis, lle reiterarán que, -en aplicación do disposto na Directiva Marco da Auga, na vixente Lei de Augas e máis na mesma Declaración de Impacto Ambiental-, o abastecemento á poboación e a recuperación da calidade da auga e dos ecosistemas fluviais ten que prevalecer con absoluta prioridade sobre calquera outro uso privativo da auga.
O negocio hidroeléctrico, sexa de quen sexa, non pode nunca prevalecer por riba da saúde da xente e por riba da saúde do río e, neste sentido, solicitaranlle que se inicien os trámites para a recuperación da concesión para aproveitamento hidroeléctrico outorgada no seu día á empresa Cortizo Hidroeléctrica S.A. para que, así, poda o río fluír libremente e non se poda producir a proliferación explosiva de cianobacterias na lámina de auga do encoro que se ven repetindo todos os veráns: é de xustiza, é de Lei e é de sentido común.

