Tres gallegos finalistas a los Premios Nacionales de Artesanía

TRES ARTESÁNS GALEGOS PROPOSTOS POR ECONOMÍA E INDUSTRIA RESULTAN FINALISTAS NOS PREMIOS NACIONAIS DE ARTESANÍA

Tres artesanos gallegos propuestos por Economía e Industria resultan finalistas en los Premios Nacionales de Artesanía: Viviana Araújo, Rosa Méndez y Óscar Rodríguez.

 

  • As candidaturas de Viviana Araújo, Rosa Méndez e Óscar Rodríguez, que forman parte dos cinco seleccionados para o premio “Produto”, foron promovidas pola Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño para a quinta edición dos premios.

 

Santiago, 05 de outubro de 2010.- Os artesáns galegos Viviana Araújo (Pontevedra), Rosa Méndez (Teo) e Óscar Rodríguez (Viveiro) foron seleccionados finalistas dos V Premios Nacionais de Artesanía na categoría “Produto”. Estas candidaturas forman parte das propostas realizadas pola Consellería de Economía e Industria, a través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, para a edición deste ano. Os tres candidatos dispoñen da carta de artesán outorgada pola Dirección Xeral de Comercio así como co obradoiro artesán inscrito dentro do Rexistro Xeral de Artesanía da Xunta de Galicia.

Viviana Araújo é unha artesá profesional dedicada á confección artesanal de sombreiros, tocados e turbantes. Foi seleccionada pola súa colección “Turbantes Aramar”, unha gama de turbantes deseñados para pacientes que están a sufrir a perda do cabelo que provoca o tratamento contra o cancro.  Deste xeito, ofrece unha alternativa más cómoda e estética para estas mulleres, posto que as vantaxes desta peza non se limitan ao seu deseño: o turbante vai forrado en algodón sen costuras e ademais adáptase perfectamente ao contorno da cabeza, polo que resulta máis cómodo e suave que calquera outra opción, como as perrucas.

 O artesán Óscar Rodríguez é un dos xoieiros máis recoñecidos tanto en España como en diferentes países europeos. Está especializado na elaboración de xoias con deseños exclusivos e de alta calidade, na creación de pezas únicas con nome propio. O selo especial de Óscar Rodríguez é a capacidade de innovación e de facer propostas frescas e sorprendentes con cada nova colección. En concreto, “Tesouros do Mar”, seleccionada como finalista, toma como base as cunchas mariñas para preparar unha serie de xoias exclusivas combinadas con ouro e outros metais e con pedras preciosas.

 Rosa Méndez é unha artesá cunha ampla formación e experiencia no traballo do vidro a través de diferentes técnicas. A súa orixinal proposta é a introdución deste material no ámbito da xoiería para crear pezas únicas e persoais, como a súa colección de xoiería “Submarina”, seleccionada entre os cinco finalistas do Premio Produto deste ano. As súas pezas chegan ata a tenda do Museo de Arte Moderna de Nova Iorque (MOMA) ou a galerías de Europa e Xapón.

 A comisión de selección da quinta edición dos Premios Nacionais de Artesanía escolleu outras dúas candidaturas na categoría “Produto”: Cerámica Artística San Ginés, S.L. (Toledo) por un mural de cerámica elaborado para o centro de convencións de Orán, e mais Taller Pisaverde (Tenerife) pola súa colección en pel e coiro de bolsos e zapatos “África libre”.

 Os finalistas do Premio Nacional de Artesanía son os ceramistas de Art Antic l’Alcora (Castellón), os vidreiros Luesma Vega (Barcelona), Manufacturas y Comercio Marroquineros (Cádiz), o luthier Vicente Carrillo (Cuenca) e mais os ceramistas Terracota Mérida. No Premio Innova os seleccionados foron Artesanía en Vidrio J. Sorribes (Valencia), Cerámica V. Campoy, Juan Núñez Tenorio e Cerámica Padilla (Jaén), os traballos de coiro e pel de Joaquín García Huertos (Toledo), Jordi Ribas (Baleares) e Luis Parades Vidrio Creativo (Asturias). En canto ao Premio Promociona, os finalistas son o Consorci de Comerç, Artesania i Moda de Catalunya – Artesania Catalunya, Consejería de Industria y Empleo do Principado de Asturias, Consorcio Gestión Centro Artesanía da Comunidade Valenciana, a Fundación para la Etnografía y el desarrollo de la artesanía Canaria e a Televisión Autonómica de Castilla – La Mancha. Os gañadores daranse a coñecer o vindeiro 23 de novembro.

 A Consellería de Economía e Industria, a través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, está a impulsar diferentes liñas de actuación para apoiar o desenvolvemento e a promoción do sector artesán galego. O apoio ás candidaturas á quinta edición dos Premios Nacionais de Artesanía supón unha aposta para dar a coñecer a alta calidade do produto artesán que se está a elaborar hoxe en día en Galicia.

 

¿Y tú qué opinas de esto?