O titular do Goberno galego sostén que pese á difícil situación económica, as prestacións sanitarias quedarán blindadas nos orzamentos de 2011 e serán unha prioridade ao longo de toda a lexislatura
El titular del Gobierno gallego sostiene que pese a la difícil situación económica, las prestaciones sanitarias quedarán «blindadas» en los presupuestos de 2011 y serán una prioridad a lo largo de toda la legislatura
Feijóo subliña a aposta da Xunta por acercar a sanidade pública aos cidadáns e compromete a licitación simultánea de 18 novos centros de saúde antes de final de ano
Feijóo compromete la licitación simultánea de 18 nuevos centros de salud antes de final de año. Recuerda que en estos momentos ya se están construyendo 10 nuevos centros y se está acometiendo la reforma o ampliación de cuatro ambulatorios. Reitera además que el nuevo hospital de Vigo se licitará en octubre.
-
Afirma que a construción, neste momento, de 10 novos centros de saúde e a reforma ou ampliación de 4 ambulatorios proban a aposta decidida do Executivo galego pola Atención Primaria
-
Resalta o impulso sen precedentes que a Xunta está a dar á Sanidade pública na Coruña, en Ourense e en Ferrol, para finalizar as obras dos hospitais de referencia destas tres áreas; “e en Pontevedra, onde decidimos, en vez de ampliar o vello hospital, facer un hospital público novo que se iniciará no próximo año 2011”
-
Reitera que o novo Hospital de Vigo licitarase en outubro; e di que en Lugo, “atopámonos cun edificio baleiro e o convertemos nun hospital dotándoo dende o punto de vista sanitario e tecnolóxico cun investimento de 33 millóns de euros e que abrirá as portas do novo hospital público Lucus Augusti o próximo 22 de novembro”
Carballedo, 6 de outubro de 2010.- O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou, hoxe, a aposta da Xunta por acercar a Sanidade pública aos cidadáns e avanzou que antes de que remate o ano licitaranse simultaneamente 18 novos centros de saúde.Durante a visita, esta mañá, ás instalacións do novo Centro de Saúde de Carballedo, Feijóo afirmou que a construción, neste momento, de 10 novos centros de saúde e a reforma ou ampliación de 4 ambulatorios, poñen de manifesto a aposta decidida do Executivo autonómico pola Atención Primaria.
“Nunha comunidade cunha forte dispersión como Galicia, acercar a Sanidade pública aos cidadáns é mellorar a súa calidade de vida e por iso, apostamos pola Atención Primaria desde o primeiro día, de tal xeito que xa rematamos nestes 18 primeiros meses de goberno –lembrou- cinco novos centros e rematamos catro ambulatorios reformando o de Cambre, o de Padrón, o de Vigo, e o de Valga. Somos conscientes de que a Atención Primaria é a porta do sistema, a clave de que a Sanidade funcione con eficiencia”.
En materia de infraestruturas, resaltou, tamén, o impulso sen precedentes que a Xunta está a dar á Sanidade pública na Coruña, en Ourense e en Ferrol, para finalizar as obras dos hospitais de referencia destas tres áreas; “e estamos dando un impulso sen precedentes –engadiu- á Sanidade pública na cidade de Pontevedra, onde decidimos, en vez de ampliar o vello hospital, facer un hospital público novo que se iniciará no próximo ano 2011”.
También en Vigo y Lugo
No tocante a Vigo, Feijóo asegurou que no mes de outubro se adxudicará “o maior hospital público que se faga en España nos próximos anos” e lembrou tamén o impulso á sanidade pública na provincia luguesa, e moi concretamente na cidade de Lugo, “onde nos atopamos cun edificio baleiro e o convertemos nun hospital dotándoo dende o punto de vista sanitario e tecnolóxico cun investimento de 33 millóns de euros e que abrirá as portas do novo hospital público Lucus Augusti o próximo 22 de novembro”.
Segundo o titular do Goberno galego, estes datos acreditan que actualmente na Consellería de Sanidade se está investindo máis en sanidade que nos mellores momentos da economía galega. “Os datos –dixo- avalan que a pesar das dificultades económicas, a sanidade terá un trato especialísimo non só no ano 2010 e no ano 2011, senón durante toda a lexislatura”.
Conscientes da importancia de profundizar nun modelo sanitario que cubra as necesidades dos galegos, explicou que a Xunta seguirá a apostar por unha xestión máis eficiente, “como fixemos a través do acordo cas Xerencias de Atención Primaria e Atención Especializada”. “E vamos a apostar por unha xestión máis racional como o estamos a facer coa racionalización do gasto farmacéutico; así como por mellorar e crear infraestruturas”, engadiu o presidente.
“Estar construíndo dous novos hospitais simultaneamente, Vigo e Pontevedra; abrir un gran hospital público, o de Lugo; adxudicar nas próximas semanas outra ampliación do hospital da Coruña; estar estudando o Plan Director do hospital de Ourense; comprometer unha ampliación razoable do hospital da Costa, de Burela; comprometer tamén unha ampliación razonable do hospital do Salnés; e por suposto garantir a carteira de servizos no hospital de Monforte, acreditan, xunto con estes 18 centros de saúde que licitaremos simultaneamente antes de que remate o ano, que isto non é virtual senón que é real”, concluíu Núñez Feijóo.