La Xunta busca una solución para los ganaderos reuniéndose con las industrias lácteas

JUÁREZ REÚNESE COAS INDUSTRIAS LÁCTEAS PARA PEDIRLLE COLABORACIÓN NA RESOLUCIÓN DO CONFLICTO DOS PREZOS DO LEITE

 El consejero de Medio Rural de Galicia se reúne con las industrias lácteas para pedirles colaboración en la resolución del conflicto de los precios de la leche

  • O conselleiro do Medio Rural manifestoulles ás industrias que, en boa medida, a evolución dos prezos depende delas, polo que é preciso unha colaboración decidida do sector – El consejero manifestó a las industrias que, en buena medida, la evolución de los precios depende de ellas, por lo que es preciso una colaboración decidida del sector.
  • Juárez explicou ás industrias a Proposición de Lei, presentada no Congreso polo Grupo Parlamentario Popular, para facer obrigatorios os contratos entre produtores e industrias – Juárez explicó además a las industrias la proposición de ley, presentada en el Congreso por el Grupo Parlamentario Popular, para hacer obligatorios los contratos entre productores e industrias

 

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Santiago, 4 de outubro de 2010.- O conselleiro do Medio Rural, Samuel Júarez, e os directores xerais de Produción Agropecuaria, José Álvarez Robledo, e Innovación e Industrias Agrarias e Forestais, Alejandra Álvarez de Mon, reuníronse esta mañá con representantes da Asociación de Empresas Lácteas de Galicia para tratar de avanzar na resolución do problema dos prezos que tanto preocupan aos produtores.

 Na xuntanza manifestoulles con claridade que, aínda que non con exclusividade, si en boa medida a evolución dos prezos depende das industrias, polo que se lles pide a súa colaboración decidida na vertebración do sector en España.

 O titular de Medio Rural explicoulles aos representantes das industrias a Proposición de Lei que o pasado 22 de setembro presentou no Congreso o Grupo Parlamentario Popular. A Proposición busca facer obrigatorios os contratos entre produtores e industrias, que o agricultor teña unha previsibilidade do prezo e asegure a recollida, ao mesmo tempo que ofreza unha seguridade de abastecemento á Industria.

 A proposta de Lei tamén contén a posibilidade de que os gandeiros poidan negociar conxuntamente coas industrias, aínda que esta posibilidade precisa dun cambio na normativa europea; cambio que a Comisión xa se comprometeu a facer.

 Nos meses pasados, os prezos en Europa téñense recuperado respecto do ano 2009, non así en España, onde parecen estar estancados.  Os prezos medios en España no mes de xullo de 2010 sitúanse en 28,4 euros/100 litros, mentres que a media europea está en 30,3 euros. O prezo medio en Galicia foi o pasado mes de xullo de 27,92 euros por 100 litros, 0,42 euros menos que a media española.

 Tribunal de Defensa

Na xuntanza tamén se deu conta da investigación que está desenvolvendo o Tribunal Galego de Defensa da Competencia, a petición do propio Conselleiro, sobre posibles prácticas contrarias á competencia no sector. O Tribunal acordou, na súa reunión plenaria do pasado 29 de setembro, instar ao Servizo Galego de Defensa da Competencia a que investigue posibles prácticas anticompetitivas no sector lácteo que terían como resultado o reparto do mercado da recollida do leite en Galicia.

 Programas de inspección

Así mesmo, Juárez deu conta dos programas de inspección que se están a reforzar tanto na distribución, para buscar posibles vendas a perdas, como as que se están a realizar nas industrias.

 Letra Q

No referente ao uso do logotipo Letra Q varias das empresas que operan en Galicia xa o teñen implantado e nos vindeiros meses poderán utilizar a marca de calidade galega 100%, para a que xa está operativo o Rexistro de Explotacións de Calidade Diferenciada. 

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s