Empresarios gallegos exportan con éxito las fiestas de San Froilán a Barcelona

A SECRETARIA XERAL PARA O TURISMO APOIA AS FESTAS DO SAN FROILÁN DE BARCELONA NO CHAMADO ‘DOMINGO DAS MOZAS’

 La secretaría general para el Turismo de la Xunta apoya las fiestas de San Froilán de Barcelona en el llamado ‘Domingo das mozas’

Foto: elcorreogallego.es

  • Carmen Pardo López salienta a importancia desta festa lucense, exportada hai quince anos a Barcelona grazas á iniciativa de varios empresarios galegos afincados na cidade condal que conformaron a Asociación de Amigos do San Froilán. – Carmen Pardo López destaca la importancia de esta fiesta lucense, exportada hace 15 años a Barcelona por iniciativa de varios empresarios gallegos afincados en la Ciudad Condal, que conformaron la Asociación de Amigos de San Froilán.
  • A responsable de Turismo subliña o peso fundamental que ten o turismo catalán na nosa comunidade –un 10%-, así como a realización de accións de promoción cque durante este Ano Santo puxo en práctica o seu departamento,a través de Turgalicia:: ‘Backstage del Camino’ e ‘Camino de Santiago. Camino de Galicia. ¿Vienes?’, enfocadas tanto ao público en xeral como ao propio sector turístico. – El turismo catalán supone un peso de un 10% en total de visitas a Galicia.
  • As Festas do San Froilán de Lugo foron declaradas de Interese Turístico Nacional no ano 2006. – Las fiestas de San Froilán de Lugo fueron declaradas de Interés Turístico Nacional en el año 2006.

 

Santiago, 4 de outubro de 2010.-  A secretaria xeral para o Turismo, Mª Carmen Pardo López, asiste ás festas do San Froilán de Barcelona, no chamado ‘Domingo das Mozas’, que organiza dende o ano 1995 a entidade Amigos do San Froilán da cidade condal.

 A secretaria xeral apoia, durante a súa visita ao feiral situado no distrito do Nou Barris de Barcelona, o esforzo e o traballo realizado polo  presidente de Amigos do San Froilán, Manuel Fouces, do vicepresidente, Domingo Díaz e do secretario, Ramón Rey Novoa, que levan quince anos, tal e como apunta Carmen Pardo, “mantendo o espírito da tradición galega nunha terra como Cataluña, que tan ben acolleu aos galegos que emigraron ata aquí”. De feito, a secretaria xeral tamén lembrará o peso fundamental que ten en Galicia o turismo catalán, situado ao redor do 10% segundo a Enquisa de Destino que Turgalicia realiza en período estival.

 A responsable de Turismo destaca, durante a acto, ao que tamén asistirá a rexidora do distrito Nou Barris, María del Carmen Andrés i Añón, a importancia desta festa, unha das máis arraigadas da comunidade galega, que obtivo a Declaración de festa de Interese Turístico nacional no ano 2006. “A este logro sumarase agora outro aniversario especial, os 10 anos da distinción por parte da Unesco da Muralla Romana de Lugo como Ben Patrimonio da Humanidade”, recorda a secretaria xeral, calificándoa dun dos “baluartes turísticos máis sólidos do multidestino Galicia”.

 Mª del Carmen Pardo aproveitará tamén a súa visita para resaltar a importancia de valores que supoñen para o turismo de Galicia a natureza e a gastronomía, as dúas razóns principais polas que milleiros de viaxeiros se achegan cada ano ata a nosa comunidade.  Non en van, a marca ‘E para comer Lugo’ tamén estará presente nestes festexos.

 A secretaria xeral recalcará, por último, o peso das accións de promoción do destino Galicia realizadas neste Ano Santo 2010 en Barcelona polo seu departamento, dependente da Consellería de Cultura e Turismo.

As máis destacadas, realizadas a través de Turgalicia, foron  a titulada ‘Backstage do Camiño’, unha acción na que participarón 900 profesionais do sector turístico español, e na que se comunicou a oferta turística galega tendo en conta o Camiño de Santiago como fío conductor, e outra, realizada na sección de deportes de varios centros comerciais da cidade, onde se difundiron os valores do Camiño de Santiago e o destino Galicia.  Nesta última acción participaron en Barcelona case unhas 6.500 persoas.

 As Festas do San Froilán de Lugo foron difundidas tamén hai dous anos na cidade de Nova York grazas a unha iniciativa máis da ‘Asociación Amigos do San Froilán’, que realizaron un paseo pola quinta avenida da urbe norteamericana para ensalzar os valores da festividade.

 As Festas do San Froilán de Lugo obtiveron no ano 2006 a declaración de Festas de Interese Turístico Nacional. O 30 de novembro deste ano a cidade vivirá outro aniversario especial, ao cumprirse dez anos da distinción por parte da Unesco da Muralla romana de Lugo como Ben Patrimonio da Humanidade, “un dos baluartes turísticos máis sólidos de Galicia como multidestino”, en palabras de Carmen Pardo.

2 comentarios sobre “Empresarios gallegos exportan con éxito las fiestas de San Froilán a Barcelona

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s