Escritores como Rivas o Vázquez-Figueroa se dan cita en la Semana Auria de Ourense

A SEMANA AURIA SITUARÁ  A OURENSE COMO EPICENTRO DA LITERATURA HISTÓRICA

 La Semana Auria situará a Ourense como el epicentro de la literatura histórica, con la participación de autores como Manolo Rivas, Juan Eslava Galán, Alberto Vázquez-Figueroa y José Luis Corral Lafuente

  • Os lectores xa poden votar pola primeira Novela Inmortal na web auria.xacobeo.es.
  • Manolo Rivas, Juan Eslava Galán, Alberto Vázquez-Figueroa, José Luis Corral Lafuente e César Vidal compartirán mesa cos seus seguidores nos ‘Encontros co autor’.

 Santiago, 2 de outubro de 2010.- Auria, a Semana da Literatura Histórica que se vai celebrar en Ourense e que forma parte da programación de Xacobeo 2010, aposta pola implicación de todos os afeccionados á lectura. Así, serán os lectores quen outorguen o título de I Novela Inmortal neste certame. Ben a través do voto en urna na Feira do Libro ben a través do portal web oficial auria.xacobeo.es; a opción de votar por internet xa está dispoñible.

 Os dez títulos propostos para este galardón son: Memorias de Adriano de Maguerite Yourcenar; Trafalgar, de Benito Pérez Galdós; Quo vadis?, de Henri Sinkiewicz; Espartaco, de Howard Fast; El rey pasmado, de Gonzalo Torrente Ballester; Yo, Claudio, de Robert Graves; La muerte de Virgilio, de Hermann Broch; La marcha Radetzky, de Joseph Roth; De noche bajo el puente de piedra, de Leo Perutz; e La batalla, de Patrick Rambaud. A gañadora será homenaxeada co descubrimento dun monolito e placa na Praza Bispo Cesáreo da cidade, o domingo de clausura de Auria.

 Compartir mesa cos escritores

As persoas que o desexen poderán compartir mesa con algúns dos destacados escritores que se achegarán á cidade das Burgas entre o 10 e o 17 de outubro. Son os Encontros co autor e o método para apuntarse é a través da dirección info@aurialiteratura.es. As prazas decídense por orde de inscrición.

 Os autores que xa teñen confirmada a súa presenza nesta iniciativa son: Manolo Rivas, o luns 11 de outubro; Juan Eslava Galán, o martes 12; Alberto Vázquez-Figueroa, o mércores 13; José Luis Corral Lafuente, o xoves 14; e César Vidal o sábado 16. Todas as citas serán ás 17.00 horas na Feira do Libro.

 Feira do Libro

Os Xardíns do Posío serán o emprazamento da Feira do Libro de Auria Semana da Literatura Histórica. Do 10 ao 17 de outubro as librarías, en doce espazos, amosarán e porán á venda volumes do xénero e de materias relacionadas. Diversas editoras tamén disporán de vitrinas expositivas para os seus títulos. A praza do lector, situada no centro da Feira do Libro, acollerá presentacións e sinaturas por parte dos escritores.

 A sala de actos, tamén dentro da instalación, será o marco para as mesas redondas, relatorios e debates sobre o fenómeno. A presenza de persoeiros galegos nos mesmos é salientable, con nomes como: Vicente Araguas, Aníbal C. Malvar, José de Cora, Xoán Bernárdez Vilar, Darío Xohán Cabana, Luis Manuel García Mañá, Antón Reixa, Manolo Rivas, Carlos Mella, F.X. Fernández Naval, Ramón Nicolás, Ramón Pernas, Afonso Vázquez-Monxardín, Manuel Bragado, Marcos Calveiro, José M. Paz Gago, Luís Rei Núñez ou Ramón Loureiro.

 Ademais, e dentro do ciclo Auria Cultural, programaranse filmes sobre personaxes históricos e actuacións que servirán coma complemento do resto de actividades.

 Auria, Semana da Literatura Histórica, está dentro da programación do Xacobeo 2010, conta co apoio da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta e a súa celebración enmárcase no Ano do Libro e da Lectura en Galicia

¿Y tú qué opinas de esto?