La asociación de Sarreaus celebra por anticipado el Día de la Mujer Rural

Marta González celebrou o Día da Muller Rural coa Asociación de Mulleres Rurais de Sarreaus

La secretaria general de Igualdad de la Xunta celebró el Día de la Mujer Rural con la asociación de Mujeres Rurales de Sarreaus

IGUALDADE DEFENDE O PAPEL DAS MULLERES NA TRANSFORMACIÓN ECONÓMICA E SOCIAL DO RURAL GALEGO

  Igualdad defiende el papel de las mujeres en la transformación económica y social del rural gallego

    “O futuro do medio rural depende en gran maneira do papel outorgado ás mulleres, e as asociación son unhas importantes aliadas para a difusión e implementación de moitos programas deseñados e impulsados pola Xunta de Galicia”.

 Sarreaus (Ourense) 2 de outubro de 2010.-  A secretaria xeral da Igualdade, Marta González, defendeu hoxe a importancia das asociacións de mulleres do rural que fan unha labor “cada día máis visible e significativa” nas transformacións que está sufrindo tanto a economía como a sociedade no rural galego.

 Nun encontro coas socias da Asociación de Mulleres Rurais de Sarreaus que hoxe celebraron nesta localidade ourensá o Día Internacional da Muller Rural, que oficialmente é o próximo 15 de outubro, a responsable de igualdade explicou que dende o goberno galego se favorece o xurdimento e desenvolvemento de novos proxectos no rural dunha maneira integral, promovendo as axudas para o impulso do autoemprego e para a creación de pequenas empresas, negocios, ou formas asociativas que permitan o desenvolvemento de iniciativas innovadoras que podan converterse en proxectos de futuro.

 Ademais, dixo, dende a Secretaría xeral da Igualdade “apoiamos a formación das emprendedoras e das mulleres do medio rural en xeral, en temas como as tecnoloxías da comunicación e da información, a calidade, protección do medio ambiente, ou a través do asesoramento xurídico e financeiro na posta en marcha destes proxectos”.

 Traballo en prol da igualdade

“E nese traballo de desenvolvemento do potencial existente as asociacións de mulleres rurais xogan un papel fundamental” e proba diso e que o tecido asociativo de mulleres en Galicia conta con gran experiencia, e leva traballado moito pola promoción da igualdade entre mulleres e homes”, sinalou Marta González.

 A secretaria xeral da Igualdade recoñeceu que para poder levar a cabo proxectos e actuacións en prol da igualdade, as asociacións necesitan dunha loxística que lles permita poder implicarse na mellora das condicións de vida na súa comarca, facilitando a participación das súas asociaciadas, e das mulleres en xeral, na vida pública e na toma de decisións.

 Por iso, “dende a Xunta de Galicia vaise asegurar o apoio a estas asociacións” xa que “queremos apoiar ás asociacións de mulleres dinámicas, activas, que apostan pola formación, pola información, pola conciliación, que propoñen novos retos, que se implican na eliminación das discriminacións e que impulsan a realización de actividades encamiñadas a mellorar a situación das mulleres do rural”, rematou a secretaria xeral.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s