Galicia será pionera en crear una red para recargar vehículos eléctricos

Acordo alcanzado entre PSA Peugeot-Citroën e Mitsubishi para o inicio da fabricación na planta de Vigo de dúas furgonetas eléctricas antes do remate de 2012

Se alcanza un acuerdo entre PSA Peugeot-Citroën y Mitsubishi para iniciar la fabricación en la planta de Vigo de dos tipos de furgonetas eléctricas antes del remate de 2012

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Galicia será a primeira Comunidade Autónoma en dotarse dun decreto que regule as cuestións técnicas dos puntos e as infraestruturas de recarga para o vehículo eléctrico, e la Xunta xa ten definida a rede primaria destas infraestruturas, imprescindible para que os cidadáns vexan o vehículo eléctrico como unha alternativa viable

Galicia será la primera comunidad autónoma en contar con un decreto que regule las cuestiones técnicas de los puntos e infraestructuras de recarga de los vehículos eléctricos. Ya se ha diseñado en la región la red primaria para estas infraestructuras, imprescindible para que los ciudadanos vean el vehículo eléctrico como una alternativa viable

  • Javier Guerra sinala que a decisión de fabricar dúas furgonetas eléctricas en Vigo “apuntala as bases para que o sector saia reforzado e complementa os traballos da consellería para o impulso do vehículo eléctrico co obxectivo de acadar unha mobilidade sotible e eficiente no desenvolvemento dun modelo no que Galicia quere estar entre os primeiros”
  • Galicia será a primeira Comunidade Autónoma en contar cun decreto que regule as cuestións técnicas relacionadas coa recarga do vehículo eléctrico e xa ten definida a rede primaria dos puntos e infraestruturas de recarga
  • O conselleiro salienta tamén que o acordo supón un “evidente reforzo da actividade da planta automovilística viguesa e da industria da automoción galega en xeral, e un notable impulso ao mantemento dos postos de traballo directos e indirectos”   

 

Santiago, 29 de setembro de 2010.- O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, salientou hoxe que o acordo alcanzado entre PSA Peugeot-Citroën e Mitsubishi para o inicio da fabricación na planta de Vigo de dúas furgonetas eléctricas antes do remate de 2012 “reforza a aposta do Goberno da Xunta pola electromobilidade, e situará a Galicia á cabeza do Estado no desenvolvemento deste tipo de vehículos”.

 Javier Guerra apuntou que esta decisión “apuntala as bases para que o sector saia reforzado e complementa os traballos da consellería para o impulso do vehículo eléctrico co obxectivo de acadar unha mobilidade sotible e eficiente no desenvolvemento dun modelo no que Galicia quere estar entre os primeiros”.

 “Por este motivo, seremos a primeira Comunidade Autónoma en dotarnos dun decreto que regule as cuestións técnicas dos puntos e as infraestruturas de recarga para o vehículo eléctrico en Galicia, e xa tenemos definida a rede primaria destas infraestruturas, imprescindible para que os cidadáns vexan o vehículo eléctrico como unha alternativa viable”, engadiu.

 Esta rede estará estruturada en tres niveis, e distribuirá por toda Galicia máis de 400 puntos de recarga nos ámbitos urbanos, interurbanos, a través das gasolineiras, e da man de estacións mutlifucionais de mobilidade demostrativas, que se instalarán nas sete grandes cidades de Galicia e que funcionarán tamén como punto de información.

 “Galicia está e estará á vangarda en todas as acccións encamiñadas ao desenvolvemento do vehículo eléctrico en Galicia, porque disminuiremos a nosa dependencia de enerxías contaminantes, seremos máis eficientes e axudará a potenciar o noso liderado en enerxías renovables”, apuntou Javier Guerra.

 O conselleiro de Economía e Industria salientou tamén que o acordo supón un “evidente reforzo da actividade da planta automovilística viguesa e da industria da automoción galega en xeral, e un notable impulso ao mantemento dos postos de traballo directos e indirectos”.

Javier Guerra afirmou que esta decisión complementa a decidida aposta do seu departamento e da Xunta de Galicia “pola industria da automoción en Galicia, a de maior peso en España e que emprega a máis de 40.000 traballadores”. A Consellería de Economía e Industria ten en marcha o plan re-Móvete Integral da Automoción que, dotado con 120 millóns de euros, contempla apoios para a fábrica de PSA, a industria auxiliar, a comercialización, a eficiencia enerxética e ao clúster da automoción”.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s