Cluny y el Camino de Santiago se hermanan en un congreso

XACOBEO 2010 PATROCINA O PRIMEIRO CONGRESO QUE AFONDA SOBRE A RELACIÓN DE CLUNY E O CAMIÑO DE SANTIAGO E QUE SE CELEBRARÁ EN SAMOS E SARRIA

 Xacobeo 2010 patrocina el primer congreso centrado en la relación entre Cluny y el camino de Santiago. Dicho congreso se celebrará entre Samos y Sarria.

  • O evento, que forma parte do Camiño da Reflexión, terá lugar entre o 20 e o 22 de outubro na Real Abadía de Samos e na Casa da Cultura de Sarria.
  • As inscricións pódense realizar ata o vindeiro 18 de outubro.

  Santiago, 28 de setembro de 2010.- O director xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos Cidrás, presentou o primeiro Congreso Internacional Cluny e o Camiño Franco, patrocinado por Xacobeo 2010 e que se celebrará entre o 20 e o 22 de outubro na Real Abadía de Samos e na Casa da Cultura do concello lucense de Sarria.

Este congreso enmárcase no Camiño da Reflexión da programación de Xacobeo 2010, un apartado no que se inclúen congresos, conferencias e debates que xeran reflexión, cuns contidos que quedan rexistrados como legado cultural para futuras xeracións.

 A historia de Cluny e o mundo beneditino ao carón do Camiño Sacro, o Camiño Franco, centrará as xornadas diarias; e con el preténdese acadar un maior grado de coñecemento da importancia destes mosteiros ao redor do Camiño de Santiago. Ao acto de presentación tamén asistiron o prior da Real Abadía de Samos, José Luis Vélez; o presidente da Asociación Serra do Édramo, Juan Luís Díaz, e a directora do congreso, Carolina Casal.

 Durante a súa intervención na rolda de prensa, o director xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo destacou que no congreso reuniranse algúns dos máis relevantes investigadores que nos últimos anos afrontaron o estudo de Cluny e do Camiño Franco. Por iso, Ignacio Santos animou a participar nesta cita a todas aquelas persoas que queiran afondar nos distintos aspectos desta ruta convertida co paso dos séculos no primeiro itinerario cultural europeo.

 Co patrocinio deste congreso, Xacobeo 2010 sumase ás celebracións do XI centenario da fundación da abadía benedictina de Cluny, xoia do románico da Borgoña Francesa. A real Abadía Benedictina de Samos e a Asociación Serra do Édramo, en colaboración con Xacobeo 2010, organizan este evento no que se reunirán, por primeira vez nesta comarca, algúns dos máis relevantes investigadores que nos últimos anos afrontaron o estudo de Cluny e do Camiño de Santiago e que afondaron na espiritualidade, na historia e na arte que xira ao redor desta ruta.

 Durante tres xornadas, entre o 20 e o 22 de outubro, unha vintena de expertos de toda Europa abordarán asuntos como a orixe da orde de Cluny ou a súa presenza en Galicia, no Camiño de Santiago e no resto de España. Asemade, analizarase a influencia da orden e da ruta xacobea desde o punto de vista da espiritualidade, da historia e da arte. As inscricións para participar neste congreso pódense realizar ata o vindeiro 18 de outubro a través da web www.congresocluny.com.

¿Y tú qué opinas de esto?