Mudhoney y Young Fresh Fellows en concierto xacobeo

O CICLO ‘XACOBEO IMPORTA’ LEVA Á COMPOSTELÁ SALA CAPITOL O DOBRE CONCERTO DE MUDHONEY E YOUNG FRESH FELLOWS

 El ciclo ‘Xacobeo Importa’ trae a la Sala Capitol de Compostela el doble concierto de Mudhoney y Young Fresh Fellows

  • Os dous grupos lendarios de Seattle presentarán por vez primeira en Galicia as mellores cancións que foron recompilando nos seus máis de vinte anos de carreira.

 Santiago, 27 de septiembre de 2010.- A Sala Capitol de Santiago de Compostela acollerá hoxe a partir das 21.00 horas o dobre concerto de Mudhoney e Young Fresh Fellows, incluído dentro do ciclo Xacobeo Importa, que forma parte da programación do Camiño da Música do Xacobeo 2010. Nesta actuación, Mudhoney e Young Fresh Fellows presentarán por vez primeira en Galicia as mellores cancións que foron recompilando nos seus máis de vinte anos de carreira.

 Deste xeito, dous grupos lendarios de Seattle xúntanse nun dobre concerto único que se suma aos xa programados para este ano dentro deste ciclo. Xacobeo Importa é unha iniciativa do Xacobeo 2010 e o Ciclo Importa. Este proxecto trae consigo unha programación regular que engloba a grupos e artistas do circuíto independente que nunca visitaron Galicia ou que pola súa traxectoria, estilo ou relevancia, merecen ser presentados ao público galego en actuacións únicas e formatos especiais.

 A seguinte cita do ciclo será o vindeiro venres 1 de outubro, data na que o grupo Interpol subirá ao escenario da Sala Capitol de Santiago. The Zombies actuarán o 11 de novembro na Sala Mondo de Vigo, e o 27 de novembro será a quenda de Alice Cooper, no Multiusos Fontes do Sar. Teenage Fan Club serán os encargados de pechar o ciclo o vindeiro 3 de decembro na Sala Capitol.

¿Y tú qué opinas de esto?