María Teresa Cancelo será la nueva directora de BIC Galicia

MARÍA TERESA CANCELO, DOUTORA EN CIENCIAS ECONÓMICAS, SERÁ A NOVA DIRECTORA DE BIC GALICIA

 María Teresa Cancelo, doctora en Ciencias Económicas, será la nueva directora del Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia (BIC Galicia)

  • As súas funcións serán as fomentar o espírito emprendedor, apoiar a creación de empresas, dotar os futuros empresarios dos coñecementos e habilidades necesarias para xestionar a súa empresa e apoiar a consolidación e innovación no tecido empresarial galego

 Santiago, 27 de setembro de 2010.- María Teresa Cancelo Márquez, doutora en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela, será a nova directora do Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia (BIC Galicia), un organismo dependente da Consellería de Economía e Industria, que ten entre as súas funcións fomentar o espírito emprendedor, apoiar a creación de empresas, dotar os futuros empresarios dos coñecementos e habilidades necesarias para xestionar a súa empresa e apoiar a consolidación e innovación no tecido empresarial galego.

 María Teresa Cancelo Márquez ten unha ampla experiencia no eido da xestión como decana da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariaia da USC e como vicepresidenta da Conferencia Española de Decanos de Economía e Empresa, e no eido da investigación, onde se especializou en competitividade industrial, crecemento e desenvolvemento económico e desenvolvemento sostible.

 A que será nova directora de BIC Galicia traballará de xeito coordinado co Igape e Xesgalicia, e colaborará con diversas entidades públicas e privadas como concellos, cámaras de comercio, asociacións empresariais e de autónomos, centros educativos e universidades, obradoiros de emprego, fundacións etc, ademáis de formar parte da redes europeas e españolas, para, deste xeito, estar presente no maior número de lugares e actuar sobre o maior número de persoas pertencentes aos colectivos a que se dirixe a acción de BIC Galicia: Emprendedores, Pemes e micropemes, autónomos, estudantes e profesores e axentes de emprego e desenvolvemento local.

¿Y tú qué opinas de esto?