La Xunta garantiza el suministro de agua potable pese al alga tóxica del embalse del Umia

A XUNTA DE GALICIA REVISARÁ O REXIME DE EXPLOTACIÓN DO ENCORO DO UMIA PARA AXUSTAR O CAUDAL DE SAÍDA NO VERÁN

 La Xunta de Galicia revisará el régimen de explotación del embalse del Umia, afectado por una alga tóxica, para ajustar el caudal de salida en el verano. El ejecutivo gallego asegura la potabilidad del agua a partir de los análisis realizados, y ofreció colaboración al ayuntamiento de Caldas para garantizar el suministro a todos los ciudadanos del municipio

  •  Hernández salientou que os controis realizados polo concello e os que efectúa de contraste a Consellería de Sanidade garanten a potabilidade da auga da traída

 Caldas de Reis (Pontevedra), 27 de setembro de 2010.- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, trasladou hoxe ao alcalde de Caldas a total disposición da Xunta de Galicia a colaborar co concello para garantir o subministro de auga potable aos cidadáns deste municipio. Hernández, acompañado polo presidente de Augas de Galicia, Francisco Menéndez, e polo propio rexedor, José Manuel Rey, inspeccionou a situación da planta potabilizadora, que se atopa funcionando por debaixo da súa capacidade debido á saturacións dos filtros

 O responsable autonómico de Medio Ambiente explicou que a Xunta está a traballar neste problema desde o comezo deste verán, a través de Augas de Galicia e do Centro de Investigación e Información Ambiental de Lourizán, realizando controis permanentes dos niveis de cianobacterias tanto no encoro do Umia como nas captacións para realizar un seguimento continuo da situación.

 Ademais, Hernández salientou que durante toda a semana pasada tanto o responsable de Augas de Galicia como os técnicos deste organismo estiveron en permanente contacto coa alcalde e cos responsables municipais do abastecemento.

 Afirmou que tanto á poboación en xeral como ás autoridades sanitarias e os responsables municipais están a recibir información transparente e inmediata das medicións, tal e como sucedeu no día de onte, no que se deu conta da declaración da alerta 2 na captación de Segade e de alerta 1 na de Rabuñade.

 Salientou que os controis realizados polo concello e os que efectúa de contraste a Consellería de Sanidade garanten a potabilidade da auga da traída.

Persoal de Augas de Galicia 

Agustín Hernández puxo a disposición do concello ao persoal de Augas de Galicia para comprobar o bo funcionamento da estación de tratamento de auga potable (ETAP). Ademais, sinalou que dende o momento en que o alcalde trasladou as dificultades que estaban a ter para o subministro, a Xunta comezou a levar cisternas co obxectivo de completar a auga da rede, servizo que se manterá o tempo que sexa necesario.

 En canto ao encoro, o conselleiro sinalou que o seu departamento realizará un estudo de todas a bacía que  achega auga á presa para minimizar o aporte de nutrientes e para mellorar o saneamento. Ademais, revisarase o réxime de explotación do embalse e a conveniencia de evitar que baixe tanto o seu nivel no verán.

 Tamén se van a analizar os resultados e a eficacia das medidas experimentais para evitar a proliferación de cianobacterias que se están a levar a cabo no encoro de As Forcadas e a súa posible aplicación no encoro do Umia.

¿Y tú qué opinas de esto?