Galicia se opone hoy ante la Comisión Europea al real decreto del carbón

O DIRECTOR XERAL DE INDUSTRIA TRASLADARÁ Á COMISIÓN EUROPEA A POSTURA GALEGA FRONTE AO REAL DECRETO DO CARBÓN

El director general de Industria de la Xunta transmitirá a la Comisión Europea la postura gallega, a favor de que se modifique el real decreto del carbón.

  •  O departamento que dirixe Javier Guerra reitera o seu total apoio aos concellos de Cerceda e As Pontes e aos traballadores fronte a posible posta en marcha desta regulamentación, que  suporía o paro das centrais térmicas de Meirama e As Pontes e a drástica redución dos ciclos combinados de Sabón e das Pontes

 Santiago, 28 de setembro de 2010.- O director xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Economía e Industria, Ángel Bernardo Tahoces, xunto cos alcaldes de Cerceda e As Pontes, trasladará hoxe aos representantes da Comisión Europea a postura galega sobre os negativos efectos que a entrada en vigor do real decreto que prima o consumo de carbón nacional para a produción de electricidade tería no tecido socioeconómico galego.

 O visto bo a esta regulamentación por parte da Comisión suporía o paro das centrais térmicas de Meirama e As Pontes e a drástica redución dos ciclos combinados de Sabón e das Pontes, cun impacto global sobre o emprego directo e asociado a súa actividade que afectaría a máis de 3.500 persoas, e un impacto económico cifrado en máis de 1.200 millóns de euros, segundo os cálculos do seu departamento.

 A Xunta reitera unha vez máis que empregará todas as ferramentas xurídicas ao seu alcance para defender os intereses de Galicia, toda vez que a posible aplicación do real decreto afecta a milleiros de galegos que viven e traballan nas comarcas mineiras galegas, que xa pasaron por unha anterior reconversión, tal e como manifestou o propio conselleiro a semana pasada ante os alcaldes de Cerceda e As Pontes, e as centrais sindicais.

Galicia no quiere enfrentamientos con los mineros

 A Xunta insiste tamén en que Galicia non está en contra de ninguén, pero si do lado dos intereses de Galicia, toda vez que as centrais térmicas afectadas polo decreto fixeron un importante esforzo de adaptación e modernización para diminuír as emisións contaminantes que non só non se vai recompensar, senón que será penalizado.

 A aprobación do real decreto por parte da Comisión Europea afectaría de xeito directo e indirecto a máis de 3.500 traballadores das centrais térmicas e dos ciclos combinados, pero tamén dos portos da Coruña e Ferrol. As perdas que ocasionaría a regulamentación atópanse na redución do movimento económico e dos impostos e nos investimentos infrautilizados e nos que se deixarían de facer, cun impacto global de máis de 1.200 millóns de euros    

Combinar los intereses de todas las regiones 

Por este motivo, o Goberno da Xunta entende que resulta obrigado harmonizar os distintos intereses existentes nas diferentes comunidades autónomas, non sendo posible xustificar que a Comisión Europea autorice unhas axudas a todas luces incompatibles co mercado interior, traspasando os problemas sociais e económicos dunhas comunidades a outras, polo que a Xunta sempre defenderá os intereses de Galicia e dos galegos.

 A consellería de Economía e Industria puxo en coñecemento do ministro de Industria, Miguel Sebastián, e do propio comisario de Competencia, Joaquín Almunia, os negativos efectos que a entrada en vigor do real decreto terá para Galicia, ofrecendo, ademais, a súa colaboración e a de todo o seu equipo para “traballar lealmente na procura dunha solución que non implique o beneficio duns para prexuízo doutros, en este caso, Galicia”.

¿Y tú qué opinas de esto?