SAMUEL JUÁREZ ASISTIU A CELEBRACIÓN DO “DÍA DO VECIÑO”, ORGANIZADA POLA FEDERACIÓN DE ASOCIACIÓNS DE VECIÑOS DE LUGO
El consejero de Medio Rural de la Xunta de Galicia asistió a la celebración del Día del Vecino, organizado por la Federación de Asociaciones de Vecinos de Lugo
- Máis de 1.700 persoas participaron nun xantar de irmandade entre as que figuraban representantes de 97 das 117 asociacións que compoñen a Federación
- No acto entregáronse as distincións “V” do veciño ás persoas e entidades con actuacións exemplares
Santiago, 26 de setembro de 2010.- O conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, asistiu este mediodía á celebración do “Dia do Veciño”, no concello de Lugo, nunha carpa situada ao carón do Parque da Milagrosa. Esta xuntanza organizouna, como ven sendo habitual cada ano, a Federación de Asociacións de Veciños da provincia.
O titular de Medio Rural estivo acompañado pola delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias; o subdelegado do goberno, José Vazquez Portomeñe; o presidente da Deputación, José Ramón Besteiro; e o alcalde deste Concello, José Clemente López Orozco.
A xornada festiva reuniu nunha comida de irmandade a máis de 1.700 veciños de Lugo, entre os que estiveron representantes de 97 asociacións das 117 que compoñen a Federación. Pola tarde, Samuel Juárez e as distintas autoridades presentes entregaron as distincións “V” do veciño ás persoas e entidades con actuacións exemplares. Ademais sorteáronse 22 lotes de produtos típicos da provincia entre os asistentes.