A XUNTA DE GALICIA INICIA O LUNS O REPINTADO DE MARCAS VIAIS NA AUTOVÍA DO BARBANZA CO FIN DE MELLORAR A SEGURIDADE VIARIA
El gobierno gallego inicia este próximo lunes 27 de septiembre el repintado de las marcas viales en la autovía de Barbanza, con el fin de mejorar la seguridad viaria. Esta actuación implicará la necesidad de llevar a cabo cortes esporádicos de la circulación en un carril.
- Medio Ambiente informa que será necesario realizar cortes nun carril do tronco da autovía, de lonxitude de 4,5 quilómetros, deixando en todo momento un carril habilitado para a circulación en cada sentido
- Durante o tempo que estea cerrado ao tráfico o carril, manteranse informados aos usuarios da vía mediante os paneis de sinalización móbil
- Estas actuacións teñen como obxectivo proporcionar aos usuarios das vías unha condución cómoda e segura que reduza o risco de siniestros de tráfico
- O departamento que dirixe Agustín Hernández tamén executou recentemente traballos de pintado nas autovías Santiago- Brión e na do Salnés
Santiago, 25 de setembro de 2010.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas iniciará o luns o repintado de parte das marcas viais da autovía do Barbanza (AG-11). Os traballos, que se centrarán no repintado daquelas marcas que non cumpren os parámetros esixidos, prolongaranse ao longo de tres semanas, aproximadamente ata o 15 de outubro.
A Xunta de Galicia, para realizar o repintado, debe executar cortes dun carril no tronco da autovía, de lonxitude de 4,5 quilómetros, deixando en todo momento un carril habilitado para a circulación en cada sentido. Ademais, durante o tempo que estea cerrado ao tráfico o carril, manteranse informados aos usuarios da vía mediante os paneis de sinalización móbil.
As obras de repintado, que se enmarcan dentro do contrato de mantemento da concesionaria, levaranse a cabo na parte esquerda, xa que a zona dereita e o eixo central xa foron pintados o ano pasado.
Obxectivos
O departamento que dirixe Agustín Hernández tamén executou recentemente traballos de pintado nas autovías Santiago- Brión e na do Salnés. Este tipo de actuacións teñen como obxectivo a mellora da seguridade viaria, proporcionando aos usuarios das vías unha condución cómoda e segura. Deste xeito, redúcese o risco de siniestros de tráfico e foméntase o desenvolvemento económico e social na comunidade galega.