La Xunta y Costas enfrentadas por el litoral de Marín

A XUNTA EMITE INFORME AO EXPEDIENTE DE DESLINDE FIXADO POR COSTAS PARA O CONCELLO DE MARÍN

La Xunta emite informe al expediente de deslinde fijado por Costas para el municipio de Marín, por ser partidaria de reducir la zona de serrvidumbre del litoral; el área de protección para evitar la masificación de construcciones disminuiría entonces de 100 a 20 metros

  •  O sentido do informe xa foi anunciado o martes pasado, día 14 de setembro, pola Secretaría Xeral de Urbanismo ao Alcalde de Marín, nun encontro mantido cunha delegación do concello
  • O tramo de costa que se somete a informe, corresponde á totalidade do bode litoral do Concello de Marín, aínda que as discrepancias céntranse nos núcleos de Aguete, Casás, Loira, Teoira e Mogor
  • O informe presentado pola Xunta parte do documento técnico redactado pola Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería PTOPT en 2008 que considera Aguete, Casás, Loira, Teoira e Mogor, como solos urbanos de núcleo rural, antes da aprobación da Lei de Costas do 88, o que supón a redución da servidume de protección de 100 a 20m

 

Santiago, 24 de setembro de 2010.- A Xunta presenta obxeccións ao deslinde fixado pola Dirección Xeral de Costas en 1995 no Concello de Marín, que sitúa a liña de servidume de protección a 100 metros no tramo da costa no que se encontran os núcleos de Aguete, Casás, Loira, Teoira e Mogor.

 Pola contra a Xunta recoñece nun documento técnico redactado pola Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería PTOPT en 2008 a condición de solo urbano de núcleo rural destes asentamentos, antes da aprobación da Lei de Costas do 88, o que a efectos supón a redución da servidume de protección de 100 a 20 metros nestes núcleos.

 O informe da Secretaria Xeral de Ordenación e Territorio, Encarnación Rivas, remitido esta mañá ao Servizo Provincial de Costas é clave de cara a reunión que Xunta e Concello de Marín, manterán nos próximos días con Costas do Estado.

 Xa que a consideración destes núcleos, como solos urbanos de núcleo rural, depende de que finalmente así sexan recollidos no informe preceptivo que debe emitir Costas do Estado, e a súa posterior inclusión non PXOM, antes de remitir o documento á Xunta para a súa aprobación definitiva.

 Áreas consolidadas antes da Lei de Costas

O informe Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo recolle que a realidade física existente á entrada en vigor da Lei de Costas en 1988, permite deducir que os núcleos de Aguete, Casás, Teoira e Loira existía unha área consolidada pola edificación en máis de dúas terceiras partes da superficie.

 O núcleo de Mogor, construído polo Instituto Social da Marina, inaugurado en 1965, supón unha trasformación urbanística do solo urbano, que cumpre os requisitos de urbanización e consolidación.

 Polo tanto conclúese que os terreos dos núcleos de Aguete, Casás, Teoira e Loira puideran ter consideración de Solo Urbano de Núcleo Rural e o de Mogor, consideración de solo urbano dada a preexistencia material e obxectiva dos parámetros esixidos pola lexislación urbanística para o recoñecemento desa clasificación, cos efectos que establece a Disposición Transitoria 3º.3 da Lei de Costas.

 Contratada a redacción dun PXOM dende 1993

O Concello de Marín réxese por unhas Normas Subsidiarias aprobadas definitivamente pola Comisión Provincial de Arquitectura e Urbanismo de Pontevedra en data 09/07/1978 e ten contratada a redacción dun PXOM dende o 27/09/1993, fai 17 anos, do que consta un informe previo á aprobación inicial de data 26/02/2007.

 Na actualizade o  PXOM encóntrase nunha fase avanzada da súa tramitación, so queda pendente o informe sectorial de Costas, cuxas consideracións deben incorporarse ao documento final antes de remitilo á Consellería de Medio Ambiente, Ordenación e Infraestruturas para a súa aprobación definitiva.

 As axudas concedidas pola Xunta dende o ano 2000 para a redacción do PXOM ascenden a 258.598 €, dos que o concello xa recibiu 168.506 € quedando pendentes 90.091 correspondentes a aprobación definitiva.

¿Y tú qué opinas de esto?