La Xunta presenta la red de dinamización lingüística

POLÍTICA LINGÜÍSTICA PRESENTA A REDE DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA NOS ENCONTROS SOBRE LINGUA DO CONSELLO DA CULTURA GALEGA

La Xunta presenta la red de dinamización lingüística en los Encuentros sobre Lengua del Consejo de la Cultura Gallega.

 

  • A secretaría xeral incidiu nas características deste modelo de organización e adiantou as principais pautas do seu funcionamento no nivel técnico

 

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2010.- A Secretaría Xeral de Política Lingüística presentou hoxe a Rede de dinamización lingüística no marco dos XII Encontros para a Normalización Lingüística, que organiza o Consello da Cultura Galega. A través desta iniciativa –cuxa orde de creación foi publicada esta semana no Diario Oficial de Galicia– a secretaría xeral busca congregar as entidades con competencia na promoción do galego coa finalidade de potenciar o proceso de extensión do uso desta lingua de xeito coordinado e planificado desde o ámbito local.

 Para acometer estes fins, “a figura dunha rede perfílase actualmente como a fórmula máis axeitada”, afirmou a subdirectora xeral de Planificación e Dinamización Lingüística da secretaría xeral, Cristina Rubal, quen afondou durante a súa intervención nas características e vantaxes deste modelo organizativo.

 Neste sentido, Rubal explicou que a Rede de dinamización lingüística permite aglutinar e coordinar as actividades de distintos tipos de entidades, ao tempo que lles dá unha gran flexibilidade de participación aos integrantes. Ademais, “constitúe unha estrutura anovada para a coordinación e cooperación entre administracións” e preséntase “como un punto de partida para unha adaptación ao futuro da planta municipal galega”, dixo a subdirectora.

 Así mesmo, Cristina Rubal incidiu en que a Rede “facilita a participación de concellos con medios limitados, integrándoos nunha estrutura maior que lles achega visibilidade e adaptación a futuros cambios, sen que supoña custo económico nin alteración estrutural”.

 Funcionamento técnico da Rede de dinamización lingüística

Por outra banda, o coordinador do grupo de traballo que realizou propostas para a creación da Rede de dinamización lingüística, Valentín García, avanzou algunhas pautas respecto do seu funcionamento no nivel técnico, que deberá desenvolverse nun regulamento de réxime interno e ser aprobado polo Consello de Membros. Para levar a cabo os seus obxectivos, a Rede creará áreas e comisións de traballo, estudo, deseño e planificación que colaborarán e manterán unha comunicación permanente co coordinador técnico e coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

 XII Encontros para a Normalización Lingüística

A Secretaría Xeral de Política Lingüística aproveitou o escenario dos XII Encontros para a Normalización Lingüística para presentar a Rede, por tratarse dun foro de reflexión, estudo e debate dirixido a profesionais, docentes e estudosos da normalización lingüística e a interesados nas políticas lingüísticas en Galicia.

 O Consello da Cultura Galega, a través do seu Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia, desenvolve, entre onte e hoxe, estes encontros, que teñen lugar na facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela.

¿Y tú qué opinas de esto?