Los guardacostas gallegos incautan más de 850 útiles de pesca en una semana

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

El servicio de Guardacostas de Galicia se ha incautado de más de 850 útiles de pesca y de 11.000 metros de artes de enmalle en la última semana.

O SERVIZO DE GARDACOSTAS INCAUTOUSE DE MÁIS DE 850 ÚTILES DE PESCA E 11.000 METROS DE ARTES DE ENMALLE NA ÚLTIMA SEMANA

 

  • En canto aos comisos, os axentes aprehendéronse de máis de 490 quilos de peixe e marisco
  • Ademais, un operativo especial nas Rías de Vigo e Baiona saldouse coa identificación de 14  persoas e outro na Ría do Burgo, con 8 persoas

 

Santiago, 23 de setembro de 2010.-  Axentes do Servizo de Gardacostas da Consellería do Mar incautáronse de 852 útiles de pesca e máis de 11.100 metros de artes de enmalle en diferentes operativos realizados na última semana. Ademais, os axentes aprehendéronse duns 490 quilos de peixe e marisco.  As actuacións desenvolvéronse nas rías de Arousa, Ferrol, A Coruña, Muros e Noia, Cedeira e Ares, Pontevedra, Baiona e Vigo, así como na costa de Ferrol e a mariña lucense.

 Inspeccións nas Rías Altas

O xoves, en Fisterra, os Gardacostas incautaron o maior número de aparellos de pesca  requisados durante un operativo esta semana. Así, os axentes fixéronse con 218 nasas, xunto con outros útiles. Ademais, comisaron máis de 60 quilos de polbo e varios de congro, raia e pinto.

 O venres, nun operativo especial, Gardacostas, xunto con axentes da Unidade Adscrita á Xunta de Galicia do Corpo Nacional de Policía (UPA), identificaron na ría de Muros-Noia ata Corcubión, a tres persoas e comisaron máis de 30 quilos de berberecho, ameixa e ostra, que foron devoltos ao mar. A maiores na Ría de Muros, os Gardacostas requisaron nesta semana máis de 20 quilos de polbo,  patexo,  navalla e  faneca. Tamén se incautaron 2 caceas de 107 nasas de polbo, mentres que en Corcubión, os axentes comisaron 35 quilos de longueirón, que foron devoltos ao mar.

 O número de útiles incautados entre Coruña e Malpica tamén foi destacable, así os axentes aprendéronse de máis de 180 aparellos, entre os que se atopaban 90 nasas de nécora e 80 de polbo, xunto con outros aparellos para a pesca. Ademais, o venres os servizos de Gardacostas comisaron 27 quilos de percebe e o luns varios de polbo.

 As Rías de Cedeira e Ares foron o escenario o sábado doutro operativo que tivo como resultado a incautación de dúas caceas de 130 pezas de miños de 11.000 metros de largo. En canto aos comisos, Gardacostas fíxose nesta zona con 37 quilos de centola, 14 de raia e varios de lumbrigante e nécora.  

 De igual maneira, nas diferentes actuacións acometidas na Ría e costa de Ferrol durante estes días, os axentes do Servizo de Gardacostas incautáronse de preto de 100 útiles, entre eles, 70 nasas de madeira tipo nécora, 10 caceas de palangrillo de 80 anzois cada unha, 10 tablas de poliespan e 6 raños. Nesa mesma zona, tamén se comisaron 40 quilos de lubina, 34 de ameixa e varios doutras especies como o camarón e a nécora.

Os operativos da zona da mariña lucense saldáronse co comiso de 5,5 quilos de percebe, requisados en Ribadeo o venres e a incautación onte en Celeiro de 30 pezas de betas que contiñan 10 quilos de salmoneta.

 Actuacións nas Rías Baixas

Pola outra banda, na Ría de Arousa, dende o pasado venres, os axentes incautáronse de 42 aparellos de pesca e comisáronse preto de 70 quilos de peixe e marisco. En concreto, o mércores Gardacostas requisou varias pezas de miños, mentres que durante a fin de semana, fixéronse con 20 nasas de polbo e 19 de nécora; así como, entre outras especies, con 37 quilos de vieira, máis de 10 de nécora, 6 de percebe, 5 de mexillón e varios de ameixa e volandeiras.

 Ademais, o mércores en Vigo tamén se comisaron varios quilos de centola por estar en veda, así como de xouba por estar á venda nun mercado da localidade sen cumprir a talla regulamentaria. Onte, na mesma ría os axentes da unidade de Vigo aprehendéronse, entre outras especies, de máis de 40 quilos de centola. De igual maneira e tamén na tarde de onte, en Baiona incautáronse de diferentes aparellos de pesca.

 Por último, tralo control o martes dos bateeiros na Ría de Pontevedra e Aldán, os axentes comisaron 16,5 quilos de polbo e 2,5 de choco.

 Operativos especiais nas rías do Burgo e Vigo-Baiona

A maiores o xoves, un operativo conxunto entre Gardacostas e a policía autonómica, na Ría de Vigo e Baiona –Portos de Canido, Panxón, Baiona e Bouzas–, saldouse con 14 persoas identificadas e 100 metros de miños incautados.

 Así mesmo, axentes de Gardacostas da Consellería do Mar lideraron durante a tarde do mércores un operativo contra o furtivismo na Ría do Burgo que se saldou coa identificación de 8 persoas e coa incautación de 25 útiles de pesca e unha embarcación neumática. Os Gardacostas tamén comisaron 22 quilos de ameixa que se resembraron na zona. Esta operación foi realizada en colaboración coa Unidade de Policía adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia (UPA) e con axentes da Garda Civil do Posto de Oleiros, da Policía Nacional da Coruña e do Servizo Marítimo da Garda Civil.

¿Y tú qué opinas de esto?