El programa ‘Espazos Sonoros’ presenta 45 conciertos

Hasta el 31 de octubre, el programa ‘Espacios sonoros’ desarrollará un total de 45 conciertos y diferentes actividades en 21 espacios de interés cultural de las cuatro provincias gallegas. Participarán un total de 26 formaciones musicales, gallegas e internacionales.

Ata o 31 de outubro,  Espazos Sonoros desenvolverá un total de 45 concertos e diferentes actividades en 21 espazos de interese cultural das catro provincias. Participarán un total de 26 formacións musicais, galegas e internacionais.

 Santiago, 23 de setembro de 2010.- A Consellería de Cultura e Turismo achega a terceira edición do festival Espazos Sonoros, baixo o lema Unha homenaxe aos nosos públicos cunha programación musical que busca promover unha activa participación do público a través de diversas actividades.  

Enmarcado na programación do Xacobeo 2010, Espazos Sonoros ten como sinal de identidade inconfundible a valorización do patrimonio histórico galego a través da música. Ata o 31 de outubro, o festival Espazos Sonoros desenvolverá un total de 45 concertos e diferentes actividades en 21 espazos de interese cultural das catro provincias. Participarán un total de 26 formacións musicais, galegas e internacionais.

 A programación pretende ser aberta e dinámica, destinada a un público heteroxéneo e activo. Xa en anteriores edicións a programación presentaba actuacións máis aló do estritamente musical, achegándose a outras disciplinas artísticas como o teatro, os monicreques ou a danza, que espertaron o interese de públicos de tódalas idades.

 Entre estas actividades destaca unha conferencia-visita guiada polo interior do órgano de Iria Flavia; unha tarde de festa no Courel da man de Emilio Cao e Uxío Novoneyra; dous obradoiros para a construción de instrumentos musicais a partir de xoguetes; unha sesión lounge no Casino de Santiago da man do xornalista Anxo Quintela e os artistas Amandine Beyer, Fernando Abreu e Xesús Valle.

Para mais información, a web http://www.espazossonoros.org/ permite descargar contidos musicais, imaxes, etc.

¿Y tú qué opinas de esto?