Desafío Islas Cíes: Travesía a nado

O PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS COLABORA NA CELEBRACIÓN DO “I DESAFÍO ILLAS CÍES: TRAVESÍA A NADO”

 El parque Nacional de las Islas Atlánticas colabora en la celebración del primer ‘Desafío Islas Cíes: Travesía a Nado’

 

  • A proba de 10 kilómetros iniciarase mañá no peirao de Vigo ata as Illas Cíes
  • O certame está organizado pola Asociación Augas Abertas de Galicia

 Santiago, 23 de setembro de 2010.- O Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, xestionado pola Consellería do Medio Rural, colabora xunto co Real Club Náutico de Vigo na “I Desafío Illas Cíes: Travesía a nado” de Cíes a Vigo.  

 Esta proba participativa, non competitiva, está organizada pola Asociación Augas Abertas de Galicia co obxectivo de gozar dunha das travesías a nado máis interesantes da costa galega. Pola súa parte, o Parque Nacional encárgase da vixilancia e apoio aos participantes durante toda a travesía.

 Carreira

A carreira desenvolverase por grupos formados en función dos tempos de cada un, establecendo desta forma un grupo rápido, intermedio e lento. O longo da travesía, ningún nadador poderá abandonar o seu grupo salvo que llo comunique á Organización. Trátase dunha travesía de 10 kilómetros.

 Baiona

Catro nadadores da Asociación Augas Abertas de Galicia fixeron hoxe unha proba de 13 kilómetros entre Baiona e Cíes. A ruta destes catro participantes desenvolveuse entre as Illas Estelas e Monteferro, atravesando a bocana sur da Ría de Vigo.

¿Y tú qué opinas de esto?