Expertos de Francia, Portugal y España investigan la contaminación marina

EXPERTOS DE FRANCIA, PORTUGAL E ESPAÑA EXPORÁN NO CETMAR OS RESULTADOS DO PROXECTO EUROPEO “DRIFTER” SOBRE CONTAMINACIÓN MARIÑA

Expertos de Francias, Portugal y España exponen en el Cetmar los resultados del proyecto europeo ‘Drifter’ sobre contaminación marina

 

  • O workshop final ven precedido por un novo exercicio oceanográfico de demostración das tecnoloxías abordadas no proxecto, que tivo lugar na Ría de Vigo coordinado polo Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño, INTECMAR.

 Vigo, 23 de setembro 2010.-  O Centro Tecnolóxico do Mar foi escenario do Workshop final do proxecto europeo “DRIFTER”, Monitorización e modelización da contaminación producida por hidrocarburos, sustancias nocivas e perigosas e inertes.

Expertos de Francia, Portugal e España expuseron os principais resultados do proxecto.

 O evento ven precedido por un novo exercicio oceanográfico na Ría de Vigo que tivo lugar coordinado polo INTECMAR e no que se levou a cabo unha demostración das tecnoloxías abordadas no proxecto, como é o caso das boias de deriva, os colorantes marcadores das verteduras ou os modelos hidrodinámicos e de predicción da traxectoria das mesmas.

 Enmarcado na rede europea do VI programa Marco AMPERA, o proxecto DRIFTER está desenvolvido por un consorcio europeo coordinado polo CETMAR e no que participan o INTECMAR, Meteogalicia, a Universidade de Vigo (grupo de Teledetección do departamento de Física Aplicada), o Centre de Documentation de Recherche et d’Expérimentations sur les Pollutions Accidentelles des Eaux-CEDRE de Francia e o Instituto Superior Técnico de Lisboa.

As organizacións galegas que toman parte nesta iniciativa están financiadas pola Dirección Xeral de I+D a través do Plan INCITE.

Seguimento de verteduras de hidrocarburos 

O obxectivo do proxecto é o desenvolvemento e a mellora das técnicas de detección, seguimento e predicción de verteduras de hidrocarburos, sustancias nocivas e potencialmente perigosas e inertes.

Adicionalmente perséguese o desenvolvemento e mellora de sistemas e protocolos de intercambio e comunicación dos datos procedentes das devanditas tecnoloxías, con especial fincapé en facilitar a súa aplicación por parte do gabinete de crise que xestiona a emerxencia. Estas técnicas son clave para un control adecuado da contaminación provocada por accidentes marítimos e para o apoio aos procesos de toma de decisión en relación con despregamento de recursos e a protección das áreas sensibles.

 Drifter

DRIFTER é unha mostra máis da fructífera colaboración que ao longo dos últimos anos estableceron e consolidaron os organismos galegos que desenvolven e xestionan investigación e aqueles con responsabilidades operacionais na prevención e resposta á contaminación mariña.

Esta cooperación estendeuse no  ámbito nacional e da UE e deu lugar a ambiciosas iniciativas como son a Plataforma Tecnolóxica para a Protección da Costa e do Medio Mariño “PROTECMA”; os proxectos europeos “ARCOPOL” e “EASYCO”, e o proxecto de cooperación Galicia-Norte de Portugal “RAIA”.

¿Y tú qué opinas de esto?