Preocupación gallega por el Real Decreto del Carbón

La Consejería de Economía e Industria de la Xunta reitera la necesidad de que la Comisión Europea escuche a Galicia antes de tomar una decisión sobre el Real Decreto del Carbón

ECONOMÍA E INDUSTRIA REITERA A NECESIDADE DE QUE A COMISIÓN EUROPEA ESCOITE A GALICIA ANTES DE TOMAR UNHA DECISIÓN SOBRE O REAL DECRETO DO CARBÓN

 

  • Javier Guerra ven de remitir unha nova carta ao vicepresidente da Comisión e Comisario Europeo da Competencia, Joaquín Almunia, na que advirte das graves consecuencias que a aprobación do regulamento tería para Galicia
  • O escrito, que tamén foi enviado ao ministro de Industria, Turismo e Comercio, Miguel Sebastián, apunta que non se poden traspasar os problemas sociais e económicos dunhas comunidades a outras, e que é preciso traballar na harmonización dos distintos intereses
  • Á Xunta resúltalle “preocupante que non só non se recompense o esforzo de adaptación realizado polas centrais térmicas galegas, senón que se penalice un proceso de modernización co obxectivo fundamental de diminuír as emisións contaminantes”

 

Santiago, 20 de setembro de 2010.- O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, ven de remitir, por segunda vez, unha carta ao vicepresidente da Comisión Europea e Comisario da Competencia, Joaquín Almunia, na que solicita que non se adopte ningunha decisión de autorización ao respecto do chamado decreto do carbón sen que Galicia teña a oportunidade de desenvolver o seu punto de vista sobre a xustificación do mesmo sen ter que recurrir ao procedemento formal de investigación recollido no Tratado de Funcionamento da Unión Europea.

Javier Guerra reitera no escrito as consecuencias que para Galicia se derivarían da autorización deste real decreto que prima o uso de carbón nacional, e que tería un “gravísimo impacto tanto sobre o emprego como sobre o tecido industrial galego”, posto que de entrar en vigor o regulamento na súa actual redacción as centrais térmicas das Pontes e Meirama veríanse obrigadas ben ao peche ou, no mellor dos casos, a conxelación da súa actividade co que iso supón de perxuízo socioeconómico para Galicia.

O conselleiro de Economía e Industria advirte na carta, que desta volta foi remitida tamén ao ministro de Industria, Turismo e Comercio, Miguel Sebastián, do efecto dominó que conlevaría a aprobación do real decreto para as actividades portuarias da Coruña e Ferrol, as cales dependen, en gran medida, das descargas de carbón de importación.

Javier Guerra expresa na misiva “que resulta obrigado harmonizar os distintos intereses existentes nas diferentes comunidades autónomas, non sendo posible xustificar que a Comisión autorice unhas axudas a todas luces incompatibles co mercado interior, traspasando os problemas sociais e económicos dunhas comunidades a outras”. Ademais, apunta que “resulta preocupante que non só non se recompense o esforzo de adaptación realizado polas centrais térmicas galegas, senón que se penalice un proceso de modernización co obxectivo fundamental de diminuír as emisións contaminantes”.

O escrito recolle tamén que este real decreto foi obxecto de fortes críticas por parte dos organismos públicos máis relevantes, como son a Comisión Nacional da Competencia e a Comisión Nacional de Enerxía, no relativo ao seu impacto sobre o mercado e a súa proporcionalidade.

¿Y tú qué opinas de esto?