Controlado un fuego forestal en Viana do Bolo

CONTROLADO UN LUME FORESTAL REXISTRADO NO CONCELLO OURENSÁN DE VIANA DO BOLO

 

  • Segundo as primeiras estimacións provisionais, a superficie afectada por este incendio supera as 20 hectáreas (0,20 quilómetros cadrados)  

 

Santiago, 20 de setembro de 2010.- Medio Rural informa dun incendio rexistrado na parroquia de Tabazoa de Umoso, no concello ourensán de Viana do Bolo. O lume iniciouse ás 15:08 horas desta tarde e deuse por controlado ás 17:40 horas.

Segundo as primeiras estimacións provisionais, a superficie afectada polo lume supera as 20 hectáreas (0,20 quilómetros cadrados) rasas.  

Nos labores de extinción traballan 2 axentes forestais, 10 brigadas (compostas por entre 5 e 7 persoas), 3 motobombas, 6 helicópteros e 1 avión.

¿Y tú qué opinas de esto?