Una delegación brasileña visitará Galicia a finales de mes para conocer proyectos exitoso de la política de cohesión europea.
UNHA DELEGACIÓN BRASILEIRA VISITARÁ GALICIA A FINAIS DE MES PARA COÑECER PROXECTOS EXITOSOS DA POLÍTICA DE COHESIÓN EUROPEA
- Os sudamericanos serán recibidos pola conselleira de Facenda e desprazaranse á diferentes puntos de Galicia e do Norte de Portugal
- Pertencen ás meso- rexións de Alto Simoneo, Vale do Rio Acre e Gran Fronteira Mercosur
- A Comisión Europea considerou as rexións Galicia- Norte de Portugal como un excelente escenario polos exemplos de éxito na política de cooperación territorial
Santiago, 19 de setembro de 2010.- Unha delegación brasileira composta por cinco membros pertencentes ás meso- rexións de Alto Simoneo, Vale do Rio Acre e Gran Fronteira Mercorsur visitarán Galicia os días 27 e 28 de setembro co obxecto de coñecer e intercambiar información e práctica en materia de política de cohesión europea.
Cómpre destacar que a Comisión Europea considerou as rexións fronteirizas Galicia- Norte de Portugal, como o escenario máis apropiado para a realización dun caso práctico excelente para esta delegación, dado que é unha das zonas que conta con maior número de exemplos de éxito no campo da política de cooperación territorial.
Esta visita a Galicia enmárcase dentro dun Memorando de Entendemento entre a Comisión Europea e o Ministerio de Integración Nacional de Brasil asinado en novembro do ano 2007.
A iniciativa, froito do interese amosado por diferentes países alleos á Unión Europea, permitiralles coñecer a fondo o funcionamento da política de cohesión europea como instrumento para a promoción do desenvolvemento rexional equilibrado.
A delegación brasileira realizará esta visita entre o 27 e o 29 de setembro e será recibida pola conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás. Durante a súa estadía o director xeral de Planificación e Fondos, Javier Rodríguez Seijo, actuará como anfitrión.
O encontro desenvolverase en dous campos. Por un lado, farase unha presentación dos programas e proxectos que se están levando a cabo desde os diferentes departamentos da Xunta de Galicia con ponecias de carácter técnico.
Por outra banda, realizaranse varias visitas in situ a proxectos de cooperación transfronteiriza na zona Galicia- Norte de Portugal como son por exemplo as instalacións do proxecto de fomento e optimización de recursos materiais e de formación dos servizos de emerxencia e de salvamento (COFROEM) en Xinzo de Limia e Verín (Ourense); a presentación dos proxectos creados con financiamento europeo en Verín e Chaves (Portugal); ou tamén a exposición dos proxectos EUROCIDADE Verín- Chaves e de Xestión enerxética sostible en entidades locais transfronteirizas (ESOL).