Servicios mínimos para la huelga general del día 29

La Consejería de Sanidad de la Xunta de Galicia trabaja en concretar los servicios mínimos que se aplicarán en la huelga general prevista para el día 29 de septiembre.

SANIDADE TRABALLA NA DETERMINACIÓN DOS SERVIZOS MÍNIMOS QUE SE APLICARÁN NA FOLGA XERAL DO DÍA 29

  •  Dende a Administración está a realizarse un esforzo na procura de colaboración de todos os centros e empresas públicas e privadas do eido sanitario
  • O obxectivo é garantir a asistencia sanitaria esencial, polo que os servizos mínimos afectarán especialmente ás áreas de actividade asistencial que non admiten demora

 Santiago, 19 de setembro de 2010.- A Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde, de conformidade coa normativa vixente, están a traballar na determinación dos servizos mínimos sanitarios que deberán prestarse durante a folga xeral convocada para o día 29 de setembro. Con este obxectivo, Sanidade quere contar coa colaboración de todos os centros e empresas públicas e privadas que traballan no sector sanitario.

Para tales efectos a Consellería de Sanidade vén de establecer uns criterios xerais que cada centro ou empresa deberá concretar, detallando o número de profesionais preciso para garantir os servizos esenciais.

Neste sentido, Sanidade lembra que a fixación dos servizos mínimos é compatible co lexítimo exercicio do dereito de folga, e realizarase atendendo a criterios xa aplicados en folgas anteriores. Así, estes establécense valorando, con criterios estritamente asistenciais, se a correspondente prestación ou actividade admite ou non demora ou se pode haber unha afectación grave á prestación da asistencia.

Seguindo este principio determínase que a actividade sanitaria urxente debe ser cuberta no 100%, e esta mesma porcentaxe aplícase ao transporte sanitario urxente e á actividade hospitalaria en determinadas áreas especialmente críticas, como reanimación ou coidados intensivos, entre outros.

No resto de áreas de actividade –tanto no que atinxe ao persoal sanitario como ao resto dos departamentos, como mantemento, limpeza, etc.- determínanse os servizos mínimos estritamente necesarios para evitar unha afectación grave á prestación da asistencia.

Os servizos mínimos fixaranse a través dunha Orde publicada no Diario Oficial de Galicia previa audiencia ás organizacións sindicais convocantes da folga.

¿Y tú qué opinas de esto?