POLÍTICA LINGÜÍSTICA INICIA UNHA NOVA QUENDA DE CURSOS PREPARATORIOS PARA AS PROBAS CELGA
La secretaría general de Política Lingüística inicia una nueva ronda de cursos preparatorios para las pruebas Celga. Un objetivo que se engloba dentro del plan general de normalización de la lengua gallega en la comunidad autónoma.
- Trátase do terceiro e último bloque formativo deste ano, que se prolongará ata o mes de novembro
- A formación en lingua galega constitúe unha liña básica de traballo do departamento que dirixe Anxo Lorenzo
Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2010.- A Secretaría Xeral de Política Lingüística pon en marcha a partir de mañá a terceira e última quenda de cursos preparatorios para as probas CELGA, que se prolongará durante os meses de outubro e de novembro.
Os cursos teñen unha duración de 75 horas lectivas e o seu contido axústase aos obxectivos, ao programa e mais ao contido curricular establecidos para cada o CELGA, Certificado de lingua galega adaptado ao Marco europeo común de referencia para as linguas.
185 cursos Celga durante o 2010
A oferta formativa convocada por Política Lingüística para preparar as probas Celga durante este ano 2010 ascende a un total de 185 cursos, que se distribúen ao longo do ano en tres quendas de programación. A primeira realizouse entre os meses de marzo e xuño. A segunda desenvolveuse desde xullo ata agosto e a terceira e última, que comeza mañá, durará ata o próximo mes de novembro.
Xunto con estas tres quendas, entre os meses de abril e de novembro tamén se desenvolven os cursos programados por petición de colectivos, entidades ou asociacións.
Ademais destes 185 cursos, as escolas oficiais de idiomas de Galicia –a través dunha orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria– tamén imparten cursos preparatorios para as probas dos distintos niveis CELGA.
Un obxectivo do Plan xeral de normalización da lingua galega
A formación en lingua galega constitúe unha liña básica de traballo da Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL), que desenvolve un plan de formación anual dirixido á consecución do obxectivo establecido no Plan xeral de normalización da lingua galega de potenciar a aprendizaxe do galego por parte de toda a poboación adulta, mediante fórmulas didácticas innovadoras que garantan resultados comunicativos satisfactorios.