El equipo Xacobeo 2010 destaca en la Vuelta a España

ROBERTO VARELA FELICITA AO CICLISTA CORUÑÉS EZEQUIEL MOSQUERA E AO EQUIPO XACOBEO 2010 GALICIA POLO SEU PAPEL PROTAGONISTA NA VOLTA A ESPAÑA 2010

 

  • O conselleiro de Cultura e Turismo asegurou que o acadado polo corredor de Teo e o equipo Xacobeo 2010 Galicia na Volta Ciclista a España constitúe “un éxito e un fito para o deporte do noso país”. Segundo o conselleiro, “a pesares de non levarse a Volta, o esforzo do equipo e o triunfo de Ezequiel Mosquera na etapa de hoxe permanecerán gravados na memoria de todos os galegos”.

 

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Navacerrada (Madrid), 18 de setembro de 2010.- O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, felicitaron persoalmente a Ezequiel Mosquera polo seu triunfo hoxe na etapa da Volta Ciclista a España rematada no alto da Bola do Mundo e fixo extensivo o seu recoñecemento a todo o equipo do Xacobeo 2010 Galicia. Tras acompañar desde o coche do equipo ao Xacobeo 2010 Galicia na penúltima etapa da Volta Ciclista a España, o conselleiro asegurou que o segundo posto acadado polo corredor de Teo na clasificación xeral e a entrega dos seus compañeiros nestas tres semanas de competición constitúen “un éxito e un fito para o deporte do noso país”. Segundo o conselleiro, ”a pesares de non levarse a Volta, o esforzo do equipo e o triunfo de Ezequiel Mosquera na etapa de hoxe permanecerán gravados na memoria de todos os galegos”.

Roberto Varela afirmou que o papel protagonista de Ezequiel Mosquera nesta Volta Ciclista a España supón “unha gran honra e satisfacción como galego, como afeccionado ao deporte  e como conselleiro de Cultura e Turismo ao poder contar cun deportista da nosa Comunidade na elite do deporte  mundial nun ano tan importante como é o Ano Xacobeo”. O conselleiro mostrou o seu convencemento de que “todos os galegos axudaron desde as súas casas, etapa tras etapa, para ver a Ezequiel Mosquera e o nome de Galicia e o Xacobeo no podio de Madrid”. “Xa está conseguido e isto é un motivo de orgullo para todos nós”, engadiu.

O conselleiro de Cultura e Turismo felicitou asemade a toda a escuadra do Xacobeo Galicia 2010 conformada, polo subcampión, Ezequiel Mosquera, e os seus compañeiros de equipo, Gustavo César Veloso, Delio Fernández, David García, Marcos García, Vladimir Isaichev, Serafin Martínez, Gonzalo Rabuñal e Gustavo Iglesias. Roberto Varela destacou “a entrega e o esforzo co que se desenvolveron enriba da bicicleta ao longo de tres semanas de competición para recoller agora os froitos dun excelente traballo, acreditados por un terceiro posto por equipos e o segundo posto de Mosquera”.

O conselleiro transmitiu ao equipo o seu ánimo para continuar cara adiante, asegurando que de seguir nesta liña “os resultados e éxitos virán sós, xa que en todo momento viuse na estrada un equipo unido e sen fisuras que traballaba por unha mesma causa”. Roberto Varela gabou os valores que o Xacobeo 2010 Galicia trasladou á cidadanía galega, conseguindo “fomentar nos máis novos o interese polo ciclismo e polo deporte en xeral, e amosando que o esforzo, o compañeirismo e o traballo, son o camiño máis curto cara o éxito”.

Un comentario sobre “El equipo Xacobeo 2010 destaca en la Vuelta a España

¿Y tú qué opinas de esto?