Apuesta gallega por el Plan Estratégico de la Conserva

A conselleira do Mar participou no acto de conmemoración do 125 aniversario de Industrias Cerdeimar en Camariñas

 ROSA QUINTANA DEFINE O PLAN ESTRATÉXICO DA CONSERVA COMO A MELLOR APOSTA PARA CONSOLIDAR O SECTOR

 Rosa Quintana comparou a aposta deste plan coa que realizaron no 1884 os fundadores de Cerdeimar, “que viron que esta terra tiña porvir e así o amosaron”

 Camariñas (A Coruña), 18 de setembro de 2010

 A conselleira do Mar, Rosa Quintana, define o plan estratéxico da conserva como a mellor aposta para consolidar o sector. Así o expresou en Camariñas durante a súa intervención no acto de  conmemoración do 125 aniversario da conserveira Industrias Cerdeimar. A titular de Mar salientou o interese da Xunta por sacar adiante este plan que reactivou e do que deu a coñecer as súas liñas estratéxicas en novembro e destacou que o que se busca con esta ferramenta é “consolidar a nosa posición cabeceira nun futuro, sen perder a implicación social e laboral desta actividade en Galicia”.

 Rosa Quintana comparou a aposta deste plan coa que realizaron no 1884 os fundadores de Cerdeimar, “que viron que esta terra tiña porvir e así o amosaron”. A conselleira salientou “a superación, a constancia, a dedicación e a adaptación a un mundo cambiante” como factores de éxito desta conserveira e a súa capacidade de “aunar a tradición do bo facer e a capacidade de innovar e de avanzar”.

 A conselleira definiu Cerdeimar como “a esencia daquelas fábricas de salga ou das conserveiras, das fábricas de fariña ou do impulso da comercialización cara afora dos nosos produtos do mar”. Contrastouno coa súa aposta “pola innovación en forma de novos produtos, de adecuación ás modernas formas de consumo e de traballar por unha calidade recoñecida”.

 A dimensión social é outro dos valores engadidos desta empresa debido, segundo sinalou a conselleira, “á súa implicación co pobo de Camariñas” e citou como exemplo de responsabilidade social corporativa “o seu continuado apoio ao deporte e aos máis novos”. A titular de Mar felicitou á empresa, aos seus empregados e directivos porque “souberon adaptarse aos tempos cambiantes e capear temporais económicos ou sociais”.

¿Y tú qué opinas de esto?