La muestra ‘Santiago, punto de encuentro’ recibe al visitante cien mil

A EXPOSICIÓN ‘SANTIAGO, PUNTO DE ENCONTRO’, ENMARCADA NA PROGRAMACIÓN CONXUNTA DO XACOBEO E CAIXA GALICIA, RECIBE AO VISITANTE NÚMERO CEN MIL

 

  • O conselleiro de Cultura e Turismo, o presidente da Fundación Caixa Galicia e o presidente da Comisión Capitular de Cultura e Arte da Catedral de Santiago celebraron o rexistro récord xunto á visitante número 100.000 da mostra, Rosa de la Barca Abascal, a quen se lle fixo entrega dun agasallo conmemorativo.
  • Roberto Varela asegurou que “Santiago, punto de encontro” confírmase como “unha das máis interesantes exposicións plásticas deseñadas para celebrar este Ano Santo”.
  • A mostra presenta 57 pezas pertencentes ás coleccións da Catedral de Santiago e Caixa Galicia. A montaxe inclúe obras nunca antes expostas restauradas para a ocasión.

 

Santiago, 17 de setembro de 2010.- O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, recibiu esta mañá xunto ao presidente da Fundación Caixa Galicia, José Luis Méndez, e o presidente da Comisión Capitular de Cultura e Arte da Catedral de Santiago, Daniel Lorezo, á visitante número 100.000 da exposición Santiago, punto de encontro, enmarcada na programación conxunta de Xacobeo 2010 e Caixa Galicia. A mostra conseguiu a cifra de 100.000 visitas gracias a Rosa de la Barca Abascal, visitante de nacionalidade chilena e residente en Suíza, quen recibiu un lote de publicacións e libros como agasallo.

O conselleiro Roberto Varela asegurou que o rexistro récord alcanzado confirma que Santiago, punto de encontro constitúe “unha das máis interesantes exposicións plásticas para celebrar este Ano Santo”. Segundo o conselleiro de Cultura e Turismo, a mostra acada dous dos obxectivos cos que se abriu ao público en abril, ao configurarse así como “un lugar para o diálogo entre obras de autores que ían de Leiro, Manolo Paz, Castelao, Dalí ou Picasso até García de Bouzas ou o Mestre Mateo”, e converterse tamén en “punto de encontro (compostelán e galego) de visitantes de todas as latitudes, de persoas que amasen a Arte”.

Roberto Varela subliñou ao fío da visita número cen mil da exposición, que “cada visitante é un gran motivo que da sentido ao esforzo de montar unha exposición coma esta, unha oportunidade para a arte e a cultura”. O conselleiro amosou asemade a súa convicción de que “amosar, explicar e poñer en valor o noso patrimonio cultural é un traballo necesario para o noso futuro”. “A cultura é sempre unha aposta de futuro para Galicia”, engadiu.

A ambiciosa montaxe de Santiago, punto de encuentro, que se presenta como un diálogo inédito entre a arte sacra e a plástica moderna, permitirá aos visitantes gozar ata o 7 de novembro, por primeira vez fóra do recinto catedralicio, dalgunhas das obras mestras do legado artístico xacobeo custodiado na Catedral de Santiago, enfrontadas a unha selección de pezas destacadas da colección de arte moderno de Caixa Galicia. Asemade, inclúense obras nunca antes expostas e pezas restauradas para a ocasión.

Deste xeito, os traballos escultóricos do Mestre Mateo ou fustes da antiga fachada norte da Catedral, ambos de comezos do século XII, compartirán espazo con obras de autores como Dalí, Picasso, Chillida ou Tino Grandío, nunha selección que tamén inclúe pezas de galegos como Francisco Leiro, Manolo Paz, Castelao, Lugrís, Asorey ou Maside, entre outros. A través destes elementos, a exposición fai un amplo viaxe desde unha peza de finais do século XII a unha obra de 2003.

A exposición propón un percorrido dividido en dez capítulos para os que se reuniron un total de 57 pezas en multitude de formatos, conformando unha importante cita para a arte galega na que, por primeira vez, poderanse ver algunhas das obras do Museo da Catedral recuperadas para o acervo patrimonial galego despois da súa restauración.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s