Asombro da plataforma Lugo de cara ao Miño ante o trato diferencial que a Xunta está dando ao Club Fluvial fronte ao Concello de Lugo, no requirimento de garantías ambientais para a instalacións de plataformas flotantes no río Miño

A XUNTA ESIXE MENOS GARANTÍAS AMBIENTAIS AO CLUB FLUVIAL QUE AO CONCELLO DE LUGO PARA A COLOCACIÓN DE PISCINAS FLOTANTES-

Lugo, a 19 de xullo de 2018.- Como xa apuntabamos nas alegacións presentadas por varios membros da plataforma Lugo de Cara ao Miño o pasado mes de abril de 2018 contra a instalación flotante do Club Fluvial, resúltanos chocante que unha mesma Administración, como é o Servizo de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia, siga esixindo maiores garantías ambientais para o proxecto das piscinas flotantes do Concello de Lugo, que están fóra dun espazo natural protexido, que para a plataforma flotante do Club Fluvial, que está en Zona de Especial Conservación Padra-Larga-Támoga en zona de Rede Natura 2000 e zona núcleo da Reserva Terras do Miño.
No caso das piscinas flotantes, a Consellaría de Medio Ambiente esixe un estudo batimétrico do caudal do río, que se concrete a forma en que serán instaladas e desinstaladas as plataformas flotantes, medidas de protección de augas ou como se vai realizar a xestión dos residuos da zona.
Nun novo informe do mes de maio de Conservación da Natureza destácase que informarían de forma desfavorable á instalación das piscinas “polo menos ata que non sexan avaliadas de xeito efectivo as especies e hábitats, con mostraxes efectivas no período de estiaxe, de xeito que garantan a protección real do medio natural”. Tamén se lle esixe ao Concello de Lugo un plan de continxencia par a retirada rápida das piscinas, ante unha crecida brusca do río.
Ningún dos anteriores requirimentos foron solicitados por este organismo ao Club Fluvial para poder instalar a súa plataforma flotante, malia a querer situala nun espazo natural protexido. Sen embargo, desde a plataforma Lugo de Cara ao Miño consideramos que, se a lei é igual para todos, os criterios para instalar infraestruturas similares no río Miño tamén deberan ser os mesmos, e incluso máis esixentes cando se trata de espazos naturais protexidos. Por tanto, semella necesario tamén realizar unha avaliación efectiva das especies e hábitats que habitan na zona, con mostraxes efectivas nos meses de verán. Ao igual que para as piscinas do Concello tamén sería preciso realizar un plan de continxencia ante unha repentina crecida do río.
O MIÑO, FRONTE AO FLUVIAL, “NON TEN FLORA NIN FAUNA”
Desde a Plataforma cidadá Lugo Cara ao Miño, manifestamos o noso asombro pola contestación do Club Fluvial ás nosas alegacións. Segundo o presidente do Club Fluvial, Modesto Reijeiro Valledor, quen asina a contestación ás alegacións, a instalación flotante colocarase nesa parte do río Miño precisamente “por non existir fauna e flora en dito lugar”. Isto é o mesmo que dicir que esta zona do río Miño é abiótica, algo que é absolutamente falso e que denota unha grave falta de cultura ambiental por parte da entidade fluvial.

Ben ao contrario do que expresa o presidente do Club Fluvial, aquel treito do río Miño é un dos máis ricos en biodiversidade ao longo de todo o seu curso, con presenza de especies vulnerables, e incluso en perigo de extinción, como o propio servizo de Conservación da Natureza indica no seu informe de valoración ambiental do mes de xaneiro. Nesta resolución confirma a presenza no lugar de hábitats prioritarios de conservación e especies en perigo de extinción (Nymphoides peltata e a  posible presenza de Isoetes fluitans ou Margaritifera margaritifera).

  • Sen embargo, e malia a relevancia das especies presentes, a avaliación feita por parte da xefatura territorial de medio ambiente da Xunta non foi suficiente, xa que non se garante a protección dos hábitats de interese comunitario nin das especies ameazadas ou en perigo de extinción, nin tampouco establece medidas  correctoras que permitan manter nun estado favorable de conservación ditas especies. Só obriga a que un técnico revise antes e despois da colocación da plataforma se se aprecia a presenza na zona dalgunha destas especies.
Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s