Francisco Boix o fotógrafo de Mauthausen exposición e conferencia A Coruña dia 1 e 8 de febreiro

CUÁNDO:

Desde el 01/02/2018 hasta el 15/02/2018.

HORARIO:

martes a sábado:  11 a 13.30 h e de 18 a 20 h.

domingos e festivos: 12 a 14 h.

DIRECCIÓN:

Casa Museo Casares QuirogaCalle Panaderas 12. 15001 A Coruña

El 27 de enero es el Día Internacional de Conmemoración en Memoria de las Víctimas del Holocausto. Existe un desconocimiento generalizado de la realidad de españoles y gallegos en los campos de concentración y de exterminio.

.  Por estos motivos, la ARMH (Asociación por la Recuperación de la Memoria Histórica) celebrará:

· La exposición sobre Francisco Boix, preso de Mauthausen y fotógrafo catalán que ayudó a documentar con sus fotografías el horror sufrido en los campos nazis y de gran utilidad como prueba en el juicio de Nüremberg.

· La exposición se completa con la conferencia sobre los españoles y gallegos en los campos del investigador Benito Bermejo . Analizará  la trayectoria vital de las víctimas a partir del monumental trabajo de recopilación de los nombres de deportados españoles.

· Paralelamente la ARMH está realizando una campaña para implicar a las instituciones: Parlamento gallego y, en pocas  semanas a los Ayuntamientos,  para que realicen actos de reconocimiento y homenaje a los hombres y mujeres que sufrieron deportación

Participan:

José Manuel Sande · Concelleiro de Culturas Concello A Coruña

Carmen G-Rodeja · portavoz ARMH 

Francisco Xosé Fernández Naval · escritor

Mathilde Savary · profesora, voluntaria ARMH

Familiares de deportados

Recital poético

♦♦♦

O 27 de xaneiro é o Día Internacional de Conmemoración en Memoria das Vítimas do Holocausto.

Existe un descoñecemento xeneralizado da realidade de españois e galegos nos campos de concentración e de exterminio. Por estes motivos, desde a Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) solicitouse o pasado mes de decembro ao Parlamento de Galicia un acto de recoñecemento a todas as persoas que sufriron o Holocausto. Onte o Parlamento de Galicia deu un paso que podía cualificarse de histórico cunha declaración institucional na que recoñece aos máis de 9.000 españois e españolas que foron deportados aos campos de concentración nazis, entre eles 179 galegos.
0
Desde ARMH invitámosvos a participar nunha serie de actividades durante o mes de febreiro no marco do Día Internacional de Conmemoración en Memoria das Vítimas do Holocausto.
As actividades iniciaranse coa inauguración da exposición:  Boix, fotógrafo de Mauthausen o vindeiro xoves 1 de febreiro ás 20h na CASA MUSEO CASARES QUIROGA na rúa Panaderas 12 de A Coruña. A exposición estará aberta ata o 15 de Febreiro.
Tamén se farán visitas guiadas mércores e xoves de 19:00 a 20:00.
Para este acto de presentación da exposición conversarán desde diferentes perspectivas os seguintes invitados:
José Manuel Sande, concelleiro de Culturas do Concello de A Coruña
Carmen G-Rodeja , portavoz da ARMH
Francisco Xosé Fernández Naval, escritor
Mathilde Savary, profesora, voluntaria ARMH
Familiares de deportados 
Para finalizar realizarase un recital poético
No marco destas actividades querémosvos convidar tamén a asistir á conferencia: Los españoles en Mauthausen. Francisco Boix, testigo del horror o xoves 8 de febreiro ás 20:00 a cargo de Benito Bermejo, investigador do Holocausto e autor dos libros: “Francisco Boix: O fotógrafo de Mauthausen, O fotógrafo do horror: A historia de Francisco Boix e as fotos roubadas aos SS de Mauthausen” e “Cartas desde Mauthausen”. 
Esta conferencia realizarase tamén en Cása Museo Casares Quiroga.
Na organización destas actividades participan: Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica e Memoria do cárcere da Coruña en colaboración co Concello da Coruña.

Un comentario sobre “Francisco Boix o fotógrafo de Mauthausen exposición e conferencia A Coruña dia 1 e 8 de febreiro

¿Y tú qué opinas de esto?