‘Salvemos Cabana’ pide que se rescinda el convenio de gestión cultural del Dolmen de Dombate

Salvemos Cabana pide a rescisión do convenio de xestión cultural do Dolmen de Dombate-

martes, 30 agosto 2016,  por Plataforma Salvemos Cabana

A UTILIZACIÓN DO CENTRO ARQUEOLÓXICO CON FINS PARTIDISTAS E A CELEBRACIÓN DUNHA ENTREGA DE PREMIOS FÓRA DE CONTEXTO E SEN COMUNICACIÓN PREVIA, TAL COMO DENUNCIOU O SERVIZO DE PATRIMONIO DA DEPUTACIÓN CORUÑESA O PASADO MARTES, VULNERA A CLÁSULA SEXTA DO CONVENIO ESTABLECIDO ENTRE O ORGANISMO PROVINCIAL E O CONCELLO DE CABANA DE BERGANTIÑOS, SENDO UN MOTIVO DE RESOLUCIÓN DO ACORDO TAL E COMO ESTIPULA O PUNTO OITAVO DO DOCUMENTO.

O texto indica que o Concello ten a obrigación de solicitar ,”cunha antelación de polo menos 15 días, unha autorización para a realización de cada unha das actividades na que se especifiquen as datas e os horarios e se acompañe dunha memoria xustificativa“, o que en ningún caso sucedeu o 20 de agosto co acto de entrega de premios do concurso de ideas “Autovía Costa da Morte. Camiño de Futuro“, sobre o que a Deputación da Coruña non tiña coñecemento ningún.

Coma se dunha segunda inauguración “en diferido” da Autovía da Costa da Morte se tratase, este acto estivo presidido pola Conselleíra de Infraestruturas Ethel Vázquez, por un representante das compañías que executaron as obras e tamén polo propio José Muiño (PP), alcalde de Cabana, supoñendo unha utilización interesada do monumento con fins propagandísticos ante a proximidade das eleccións galegas.

UNHA ACTUACIÓN INCOHERENTE

Chama a atención, sen embargo, que fose o deputado provincial da área de Patrimonio Xesús Soto (BNG) o que puxese o grito no ceo nun comunicado criticando o “uso partidista” do Dolmen de Dombate nun acto “claramente propagandístico” por parte do alcalde de Cabana e o “malestar” da Deputación da Coruña cando el foi o responsable da renovación do convenio en xaneiro deste ano, tras anunciar en público xustamente o contrario debido aos informes negativos dos técnicos da entidade.

Con esta decisión sen precedentes, que unicamente rematou por beneficiar aos intereses do Partido Popular, Soto non só mostrou a volubilidade da súa xestión, senón que abriu as portas á utilización do patrimonio como unha sorte de sala multiusos a vontade do poder de vez, xusto o que el mesmo critica agora.

Por iso a Plataforma Salvemos Cabana non pode menos que manifestar a súa repulsa ante estes feitos e ven de solicitar á Deputación da Coruña que rescinda ou no seu defecto non renove o convenio de colaboración que mantén co Concello de Cabana de Bergantiños en virtude do incumprimento das condicións impostas polo acordo.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s