Gastar 1221 millóns de € nunha autovía inútil que estragará a Ribeira Sacra

Gastar 1221 millóns de € nunha autovía inútil que estragará a Ribeira Sacra

Ribeira-Sacra-Loiro

A resolución aprobada nas Cortes insta ao governo a acelerar a construción da A-76, unha obra innecesaria e carísima que deixa tocados os valores naturais e culturais da Ribeira Sacra.

Formacións xeolóxicas (karsts calcarios) moi escasas en Galiza, hábitats prioritarios, a metade das especies de plantas presentes no país, incluidos dous endemismos exclusivos galegos e outros 9 ibéricos, máis de 140 especies protexidas e un enorme patrimonio cultural e inmaterial (Ribeira Sacra), van ser sacrificados pola construción da autovía A-76 entre Ourense e Ponferrada.

Unha infraestrutura innecesaria e impactante

 

Como xa demostrou ADEGA nos trámites de información pública do proxecto, a obra carece de xalquera base técnica, particularmente no referido á densidade do tráfico que xustifique a súa construción.
Os propios datos oficiais (mapas de tráfico do Ministerio de Fomento) amosan que ningún dos treitos do trazado entre Ourense e Ponferrada acada o tráfico mínimo necesario para proxectar un desdobramento de calzada. A cantidade de tráfico recomendada pola UE para realizar un desdobramento de estrada de 2 a 4 carrís é de 10.000 a 15.000 vehículos diarios (IMD), sendo a media total para o percorrido Ponferrada-Ourense de 4580, e con tendencia á baixa…

Ribeira Sacra Patrimonio da Humanidade? Así non!

 

A declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO concita o apoio case unánime de institucións, entidades sociais, colectivos ecoloxistas, cidadanía… Mais para acadar esta distinción, cómpre ter claro que os proxectos que poidan danar o Patrimonio Cultural, a Paisaxe e máis ao Patrimonio Natural son incompatíbeis coa concesión da declaración e poden ser causa da retirada desta caso de ser concedida.

Neste senso, a UNESCO é taxativa: “Os materiais físicos do ben e/ou as súas características significativas deben encontrarse en bo estado e o impacto dos procesos de deterioro debe estar controlado” (Directriz 89). Polo que atinxe aos valores naturais, para a UNESCO “os procesos biofísicos e as características da terra deberán estar relativamente intactos”, e as actividades que no espazo se desenvolvan deben “estaren en harmonía co Valor Universal Excepcional da área e seren sustentábels dende o punto de vista ecolóxico” (Directriz 90).

Como se vai xustificar perante a UNESCO a innecesaria agresión aos valores naturais e culturais da Ribeira Sacra que supón esta obra?

Eleitoralismo e corrupción, únicas xustificacións plausíbeis para a A-76

Cal é pois a verdadeira razón que leva  a apoiar unanimenente a desfeita ambiental e o desbaldimento de 1221 millóns de € na A-76?
Se temos en conta que as obras públicas, nas que a política de sobrecustes é norma, contribúen a trasvasar a unhas poucas construtoras inxentes cantidades de cartos públicos (e de paso ás “caixas B” dalgúns partidos), fica claro que en ausencia de razóns técnicas son os intereses eleitorais/económicos os que moven ao consenso a distintas forzas políticas.

Os valedores desta iniciativa deberían de expoñer á cidadanía, ademáis xustificar o gasto de 1221 millóns de € na construción e de máis de 3 millóns de €/ano no mantemento da A-76, que recurtes nos servizos públicos (educación, sanidade, pensións…) van acometer para financiar esta obra.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s