El punto limpio móvil del Ayuntamiento de A Coruña estará en ocho ubicaciones en enero

O punto limpo móbil do Concello estará en oito ubicacións distintas da cidade este xaneiro-

miércoles, 06 enero 2016, 21:00, por Ayuntamiento de a Coruña

  • O punto limpo móbil do Concello estará en oito ubicacións distintas da cidade este xaneiro

6 de enero de 2016

O punto limpo móbil do Concello estará en oito ubicacións distintas da cidade este xaneiro

Punto limpo móbil

A Concellería de Medio Ambiente salienta que o servizo facilita a xestión de residuos e promove a reciclaxe a través da recollida selectiva

A Concellería de Medio Ambiente informa de que o punto limpo móbil desprazarase esta semana á zona dos Novos Ministerios, en concreto á Praza Luis Seoane, onde quedará instalado mañá xoves, día 7 de xaneiro e o venres 8. En horario de 09.00 a 14.15 horas, as persoas que o desexen poderán empregar este servizo para depositar pequenas cantidades de certos residuos do fogar que non teñen cabida nos contedores das rúas, tales como aerosois, aceite doméstico, baterías e acumuladores, pilas, CD, cristal, lámpadas e fluorescentes, pinturas e vernices, radiografías ou tóner, así como roupa, zapatos, xoguetes e pequenos electrodomésticos (como televisores, microondas e computadoras). O vehículo conta cun operario para axudar á cidadanía a depositar cada residuo no contedor correspondente. A Concellería destaca que este servizo facilita a xestión de residuos e promove a reciclaxe a través da recollida selectiva.

Ao longo deste mes de xaneiro, o punto móbil pasará por até oito ubicacións distintas. Ademais da zona dos Novos Ministerios, o sábado, 9 de xaneiro, estará no Campo da Estrada, nun lateral da residencia militar. Os vindeiros días 12, 13 e 14, o punto limpo instalarase na praza da Audiencia Provincial (r/Capitán Juan Varela), mentres que o 15 e 16 de xaneiro pasará por Vioño. As xornadas do 19, 20 e 21 retornará aos Rosales (Praza Elíptica), onde xa estivo a principios de mes, para trasladarse logo ao Campo de Marte, onde estará a disposición da veciñanza os días 22 e 23. Entre o 26 e o 28 de xaneiro desprazarase até Adormideras (r/Regata Cutty Shark). Finalmente, os días 29 e 30 estará na Praza Pablo Iglesias.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s