La Xunta establecerá áreas de estacionamiento para vehículos pesados que garanticen la seguridad de los transportistas

A conselleira de Infraestruturas participou hoxe na clausura da Asemblea da Asociación de Empresarios de Transporte Discrecional de Mercancías de Lugo-

Ethel Vázquez sinala que a Xunta está a analizar localizacións para establecer áreas de estacionamento para vehículos pesados co fin de incrementar a seguridade dos transportistas-

  • Vázquez indica que o obxectivo desta medida é diminuír o risco persoal e económico que corren estes profesionais nos descansos en ruta.
  • Explica que unha vez avaliadas as posibles ubicacións presentaránselles os resultados aos representantes deste sector para acadar iniciativas consensuadas.
  • Apunta que se están a estudar localizacións con servizos básicos e vixilancia, priorizando as zonas que os empresarios sinalan como máis urxentes: proximidades dos portos da Coruña e Vigo.
  • Subliña que a Xunta, co fin de impulsar o sector, tamén convoca axudas para formación dos profesionais do transporte, incluíndo o financiamento de cursos para obter o certificado de aptitude profesional (CAP).
  • Outra iniciativa na que traballa o Goberno galego é o Observatorio de custos do transporte de mercadorías, que en breve permitiralles ás empresas lograr unha mellor xestión e administración.

Lugo, 28 de novembro de 2015.- Ethel Vázquez sinala que a Xunta está a analizar as localizacións para establecer áreas de estacionamento para vehículos pesados co fin de incrementar a seguridade dos transportistas. A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, participou hoxe na clausura da Asemblea da Asociación de Empresarios de Transporte Discrecional de Mercancías da Provincia de Lugo (TRADIME).

Vázquez concretou que dende o seu departamento están a traballar coordinadamente entre o Instituto Galego da Vivenda e o Solo e a Dirección Xeral de Mobilidade para dar apoio ao sector nun dos ámbitos que máis o precisa: as áreas de estacionamento.

O obxectivo desta medida é contribuír a diminuír o risco persoal e económico que corren os transportistas nos descansos en ruta. Por este motivo, estanse avaliando posibles localizacións para desenvolver áreas adecuadas, con servizos básicos e vixilancia e buscando prioritariamente alí onde os empresarios din que son máis urxentes: nas proximidades dos principais portos de Galicia, en Vigo e A Coruña.

A responsable de Infraestruturas explicou que unha vez rematados os traballos de avaliación das posibles ubicacións presentaránselle os resultados aos representantes deste sector co fin de acadar iniciativas consensuadas.

A conselleira explicou que o Goberno galego traballa en diversas medidas para lograr unha maior competitividade e dinamismo do transporte de mercadorías por estrada, ao considerar a relevancia do sector na comunidade.

Ethel Vázquez sinalou que o transporte é clave na economía de Galicia e nas competencias da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, polas miles de empresas que compoñen este sector, deceas de miles de traballadores ou a actividade económica inducida que supón.

Vázquez salientou, nesa liña de impulso ao sector, que a Xunta convoca axudas para incrementar a formación dos transportistas por estrada, tanto de mercadorías como de viaxeiros. Estas subvencións permiten continuar mellorando as capacidades dos profesionais en materias tan significativas como a seguridade viaria, a manipulación de mercadorías perigosas ou a eficiencia na xestión empresarial. Ademais inclúen o financiamento de cursos para obter o certificado de aptitude profesional (CAP), capacitando aos condutores que queiran operar no mercado profesional.

Ademais destacou a actividade da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia, que ao longo do pasado ano 2014 resolveu máis de 260 expedientes relacionados co transporte de mercadorías por estrada –a maioría relativos ao impago de portes-. Engadiu que se trata dunha ferramenta que se ten revelado de grande eficacia de cara a que empresarios e profesionais poidan cobrar aos seus debedores.

Outra iniciativa na que traballa a Xunta é o Observatorio de custos do transporte de mercadorías, que lle permitirá ás empresas acadar unha mellor administración e maior coñecemento dos custos de explotación. É un instrumento sinxelo que garantirá que calquera profesional do transporte poida coñecer os elementos a ter en conta para establecer a súa estrutura de custos; ou cal debe ser o prezo a esixir para garantir unha correcta explotación da súa actividade empresarial.

¿Y tú qué opinas de esto?