CONVOCATORIA DO FESTIVAL PLAY-DOC XA ABERTA ATA O 15 DE DECEMBRO

Avatar de VgomagazineVGO MAgazine

playdoc336-tamaradelafuentebaseacuarelaA convocatoria de Play-Doc xa está aberta. O festival terá lugar este ano do 13 ao 17 de abril. Os cineastas que desexen participar poden mandar os seus filmes ata o 15 de decembro, sen importar a duración dos proxectos, mentres tivesen a súa estrea internacional en 2015.

Play-Doc Festival Internacional de Documentais leva xa activo 12 anos. O festival coñécese por traer a Tui (Galicia, España) algunhas das figuras máis influíntes do xénero documental, como Ross McElwee, Artavazd Pelechian, Jay Rosenblatt ou o recentemente falecido Albert Maysles. Todos estes cineastas tiveron as súas retrospectivas en edicións pasadas. Este é un dos elementos definitorios do festival, xunto a seminarios e obradoiros, amais dunha selección de filmes a competición rigurosamente programada.

Os requisitos para inscribirse poden descargarse da web www.play-doc.com. Aí, os cineastas atoparán tamén un formulario de inscrición en liña. A selección oficial e o contido doutras seccións anunciarase…

Ver la entrada original 4 palabras más

¿Y tú qué opinas de esto?