Veinte alumnos gallegos reciben los premios extraordinarios de Bachillerato con notas medias de entre 8,75 y 10

A Consellería de Cultura e Educación recoñece cos premios extraordinarios de bacharelato a 20 alumnos e alumnas galegos

  • Un 35% dos premiados e premiadas teñen unha nota media do bacharelato entre 8,75 e 9,75 e un 65% entre 9,75 e 10.

Santiago, 28 de outubro de 2015. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de recoñecer cos Premios Extraordinarios de Bacharelato 2014-2015 a 20 alumnos e alumnas galegos que finalizaron os seus estudos no curso pasado. A concesión dos ditos premios supón un recoñecemento ao esforzo e dedicación do alumnado que cursou, cun excelente aproveitamento, algunha das modalidades de bacharelato no sistema educativo galego.

Estes galardóns, que se convocan anualmente, van dirixidos ao alumnado que nos dous cursos de bacharelato obtivo unha cualificación final media igual ou superior a 8,75 e que obtivo as mellores cualificacións nas probas realizadas para optar aos ditos premios. Ademais, os aspirantes realizaron unha proba estruturada en dúas partes: a primeira consistente na análise e comentario crítico dun texto de carácter xeral, histórico, filosófico e literario e na resposta a cuestións de carácter cultural e lingüístico sobre un texto na lingua estranxeira cursada polo alumnado como materia común de bacharelato. Na segunda parte desenvólvense temas, respostas a cuestións e/ou exercicios prácticos dunha materia propia da modalidade e cursada polo alumnado.

Do conxunto dos premiados nesta edición, un 35 por cento deles teñen unha nota media de bacharelato entre o 8,75 e o 9,75; e un 65% obtiveron unha nota media entre o 9,75 e o 10.

Cada premio está dotado cunha contía de 1000€ e o alumnado que obteña o premio poderá estar exento, durante o primeiro ano e por unha soa vez, do pagamento dos prezos públicos por matrícula no primeiro curso dos estudos superiores nun centro público. Ademais supón a anotación da distinción no seu expediente académico, un diploma acreditativo e outorga a posibilidade de concorrer aos premios nacionais de bacharelato.

Listaxe de premiados
Tal como publica hoxe o DOG (que pode consultarse no enderezo electrónicohttp://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20151028/AnuncioG0164-201015-0002_gl.html  )

acadaron o galardón 10 alumnos e alumnas de centros da provincia de A Coruña (Eduardo Abalde García do IES Plurilingüe Rosalía de Castro, Marta Araújo Villanueva do CPR Manuel Peleteiro, Julia Boado Rey do CPR Tirso de Molina, Carolina Carreira Pacoret do IES Alfredo Brañas, Antía Fernández Iglesias do IES Antonio Fraguas Fraguas, Manuel Fuentes Rodríguez do CPR Plurilingüe Liceo La Paz, Lois Pimentel Iglesias do IES Praia Barraña, Carlos Rodríguez Ameal e Yaiza Serantes Martín do IES Concepción Arenal e Pedro Tomé Veira do IES Plurilingüe Eusebio da Guarda),

Na provincia de Lugo, acadaron estes premios Laura Arias Soilán do CPR Plurilingüe San José, Carmela Cela Rodríguez do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria, Laura Díaz Argüeso do IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes, Adrián Maceda Fernández do IES Lama das Quendas, e Alexis Otero González e Manuel Rodríguez Romero do CPR Galén.

Na provincia de Pontevedra os galardoados foron Marta Giráldez Villar e André Novas Otero do IES de Rodeira, José Lorenzo Otero do CPR Sek-Atlántico e Candela Martínez Pérez do IES Rosais 2.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s