A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, solicítalles aos 38 municipios con axudas concedidas que adopten as medidas procedentes para formalizar a sinatura o antes posible, previsiblemente ao longo do mes de outubro
- O Consello da Xunta autorizou onte ao IGVS para a sinatura dos acordos específicos de financiamento do programa de rexeneración e renovación urbanas con participación dos concellos
- Estes acordos aprobados onte permitirán investir 28,5 millóns de euros en 1.660 vivendas situadas nas 54 Áreas de Rehabilitación Integral (ARI) declaradas en 38 concellos galegos
- As axudas incluídas nos convenios permitirán subvencionar actuacións de rehabilitación executadas por propietarios de vivendas en ARIs, así como obras de urbanización e reurbanización realizadas polos correspondentes concellos
Santiago, 9 de outubro de 2015.- A Xunta remítelles aos concellos para a súa tramitación os convenios que permitirán mobilizar as axudas para as Áreas de Rehabilitación Integral (ARI). A conselleira de Infraestruturas e…
Ver la entrada original 509 palabras más