Sogama critica: “Estamos tirando recursos a la basura mientras compramos combustibles fósiles a otros países”

SOGAMA:

“Estamos tirando recursos ao lixo e facémolo mentres compramos combustibles fósiles a outros países” – 

Viernes, 09 octubre 2015, por Sociedad Galega Do Medio Ambiente Sa (SOGAMA).

Así se pronunciou Rafael Guinea, presidente de Aeversu, no encontro que, baixo o título “O futuro da xestión sostible de residuos nun marco de economía circular”, celebrouse o pasado 23 de setembro en Madrid, onde enxalzou o extraordinario valor enerxético que teñen os residuos non reciclables.

•O evento, organizado pola Fundación para a Economía Circular, que preside Carlos Martínez Orgado, conseguiu reunir a preto de 200 asistentes, contando coa participación directa dunha trintena de altos cargos vinculados ao sector ambiental, tanto públicos como privados.

* Guinea puxo de relevo a absoluta compatibilidade entre reciclaxe e recuperación enerxética, tal e como viñeron demostrando os países europeos máis avanzados e comprometidos co medio ambiente.

•Para dar a coñecer as bondades da valorización enerxética, o máximo responsable de Aeversu insta a falar máis, a dialogar e a dar datos científicos que certifican o baixo impacto ambiental da valorización enerxética, moi inferior ao doutro tipo de infraestruturas industriais, estando supeditada a unha normativa moito máis esixente.

Cerceda, a 9 de outubro de 2015.– Con motivo do encontro promovido e organizado pola Fundación para a Economía Circular, que preside Carlos Martínez Orgado, e celebrado o pasado 23 de setembro en Madrid baixo o título “O futuro da xestión sostible de residuos nun marco de economía circular”, contando coa asistencia de preto de 200 persoas, na súa maioría representantes de distintas entidades vinculadas á xestión e tratamento dos residuos, e a participación directa dunha trintena de altos cargos vinculados ao sector ambiental, tanto públicos como privados, o presidente de Aeversu, Rafael Guinea, defendeu a valorización enerxética dos residuos non reciclables nunha sesión na que compartiu mesa con Kristina Apiñaniz, Directora Xeral de Aclima; Sergio David González, Viceconselleiro de Medio Ambiente da Consellería de Agricultura, Medio Ambiente e Desenvolvemento Rural de Castilla-A Mancha; e Santiago Fernández, Xerente de Cogersa.

MÁIS RECICLAXE, MÁIS VALORIZACIÓN ENERXÉTICA E MENOS VERTIDO

Guinea insistiu, unha vez máis, na absoluta compatibilidade entre reciclaxe e valorización enerxética. E como exemplo puxo os países europeos máis avanzados e comprometidos co medio ambiente, que precisamente son os que máis reciclan, pero tamén os que máis valorizan enerxeticamente. Visualizan así os residuos como recursos, tendo en conta que priorizan o seu reciclado e extraen a enerxía daqueles que, dadas as súas características, xa non poden ser recuperados materialmente.

Neste sentido, apuntou que “en España, e no marco da Unión Europea, quédanos aínda moito percorrido por diante para levar a cabo unha correcta xestión e tratamento dos nosos residuos”, engadindo que, co uso prioritario do vertedoiro, “estamos tirando recursos ao lixo, e facémolo mentres compramos combustibles fósiles a outros países”.

Precisou que as primas pola xeración de electricidade fundaméntanse en dous feitos: intentar avanzar cara a unha sociedade con menos CO2 e promover as enerxías autóctonas, manifestando ao respecto que a enerxía procedente dos residuos non reciclables cumpre estas dúas premisas.

Recordou que países como Suecia e Dinamarca están a poñer en marcha plantas de valorización enerxética sen ter suficiente lixo debido ás vantaxes ambientais, económicas e sociais que estas aportan. Neste contexto, sinalou que a taxa de vertido é a única medida que está a funcionar en Europa para minimizar o uso do vertedoiro, a última opción na xerarquía de xestión de residuos dado o seu negativo impacto sobre a integridade da contorna e a saúde das persoas.

O presidente de Aeversu insta a falar máis, a dialogar e a dar datos científicos nos que se certifica o baixo impacto ambiental da valorización enerxética, moi inferior ao doutro tipo de infraestruturas industriais, estando supeditada a unha normativa moito máis rigorosa e esixente.

O Xerente de Cogersa, Santiago Fernández, fixo tamén un guiño á valorización enerxética en Asturias, onde non hai tradición en compostaxe debido a que contan cun solo rico en materia orgánica e nutrientes. Entende que é necesario establecer o prezo de tratamento do lixo, xa que, mentres sexa barato, este seguirá indo a vertedoiro.

Pola súa banda, a Directora Xeral de Aclima, Kristina Apiñaniz, considera que non é suficiente con ter cinco cubos nas casas para separar os refugallos, xa que, á hora de comprar, os cidadáns non temos conciencia ambiental. Considera que as políticas de residuos están ben dirixidas, pero se necesitan unha harmonización das mesmas nas distintas comunidades autónomas e esixir o pleno cumprimento da lei.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s