PALILLEIRAS EN AMES
Máis de 200 palilleiras de toda Galicia participaron no VI Encontro de Bolillos e Labores Artesanais
martes, 09 junio 2015, 15:27, por
[09-06-2015] O pavillón polideportivo do Milladoiro acolleu durante toda a xornada deste domingo pasado a sexta edición do Encontro de bolillos e labores artesanais, que organizou a Asociación Cultural A Silva en colaboración co Concello de Ames.
Arredor de 220 palilleiras de toda Galicia tiveron a oportunidade de intercambiar coñecementos e mostrar as súas creacións. O concelleiro en funcións de Medio Ambiente, Obras e Urbanismo, Alfredo Taboada, e a concelleira do grupo municipal popular, María Concepción Penido, foron os encargados de entregarlle a todos/as os/as participantes os diplomas que acreditan a súa participación neste evento.
A programación do encontro comezou ás 10:00 horas coa recepción de todos/as os/as participantes. Dende ese momento e ata as 14:00 horas desenvolveuse a primeira parte deste encontro. Ao mediodía fíxose un descanso de dúas horas para comer. O encontro retomouse a partir das 16:00 horas. A continuación, arredor das 17:00 horas, desenvolveuse a entrega de diplomas a todas as asociacións participantes neste encontro. Ademais, ao longo de toda a tarde realizouse o sorteo de varios agasallos. O encontro rematou sobre as 19:00 h co acto de clausura.
O sexto encontro de palillos e labores artesanais reuniu a máis de 200 palilleiras de toda Galicia. O obxectivo principal desta xuntanza foi o intercambio de aprendizaxes e a transmisión e divulgación de temas relacionados co encaixe de palillos e todo tipo de labores artesanais. Os asistentes puideron achegar as súas creacións para que todas as persoas que estivesen interesadas neste labor artesanal puideran aprender as diferentes técnicas de elaboración.
