Xuño de 2014 era o prazo máximo que a Xunta se fixou como tope para ter publicado o Decreto que desenvolvera a nova Lei de inclusión social de Galicia que trouxo mudanzas na RISGA. Imos camiño dun ano de espera e semella que a Xunta aínda vai tardar en dar resposta a unha desfeita que golpea con dureza ás persoas máis empobrecidas. Mentres seguimos a sufrir a RISGA, que lonxe de ser unha solución para o empobrecemento crecente que padecemos, afóndanos máis na miseria.
Atrasos, contías insuficientes, aplicación/interpretación restritiva da lei, orzamentos raquíticos… son denuncias feitas nos últimos anos ás cales a Xunta responde ben co silencio, ben con medidas propagandísticas que só provocan confusión entre as partes implicadas.
Hai uns meses denunciabamos que, sen termos o Decreto, os nosos dereitos fican gravemente danados. Por unha banda, o non desenvolvemento da lei impide a posta en marcha daqueles aspectos que…
Ver la entrada original 244 palabras más