AGE se solidariza con los siete jóvenes «que serán juzgados hoy por defender la enseñanza pública»

miércoles, 18 febrero 2015, 09:39, por Alternativa Galega de Esquerdas (AGE)

POR LA

ENSEÑANZA PÚBLICA

AGE solidarizase cos mozos que serán xulgados no día de hoxe por defender o ensino público

  • Sete estudantes enfróntanse hoxe a un xuízo que terá lugar nos xulgados de Ourense por ter participado nunha manifestación estudantil o pasado 11 de outubro de 2012 que rematou nunha carga policial e para os que se piden ata cinco anos de cárcere

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2015.- O grupo parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) denuncia unha vez máis as técnicas de represión e medo empregadas polo Goberno do Partido Popular coas que pretende silenciar á cidadanía. Esta estratexia vese novamente reflectida no proceso xudicial que terá lugar hoxe nos xulgados de Ourense no que sete estudantes serán xulgados por defender os seus dereitos e o ensino público.

As desproporcionadas condenas que se piden para estes mozos, de ata 5 anos de cárcere, deixan clara a actitude amedrentadora do Goberno que o único que buscan é amordazar a rúa para que non se escoiten os seus berros e protestas contra a súa política de recortes, de destrución dos dereitos sociais, e de continua agresión á cidadanía. Trátase dun claro intento de criminalización da protesta que Alternativa Galega de Esquerda non se cansará de denunciar e contra o que seguirá a loitar en defensa das persoas e dos seus dereitos.

¿Y tú qué opinas de esto?