ALBA MARÍA: “PRESTA SABER QUE NESTE PAÍS AÍNDA SE PENSA, CREA, CANTA E CONTA E SABER QUE HAI QUEN AÍNDA APOSTA POR ISO”
Esta mañá presentouse en conferencia de prensa a segunda edición do Certame de Canción de Autor en Galego ‘Concello de Teo’. Na dita presentación compareceron a concelleira de Cultura do Concello de Teo, Carme Hermida, o secretario xeral de Política Lingüística, o delegado para Santiago de Gadisa, Román Roo, Valentín García, o director artístico do evento, Xoán Curiel e a gañadora da primeira edición, Alba María. Coincidiron unanimemente na necesidade desta iniciativa e animaron a participar xa desde hoxe mesmo a “todos e todas aquelas que teñan algunha canción en galego que cantar”.
Pola súa banda, Carme Hermida amosouse orgullosa de poder celebrar tanto a primeira e como esta segunda edición do certame, un proxecto que definiu como “único” no panorama da música en Galicia, xa que…
Ver la entrada original 978 palabras más