Volve Sinsal Son Estrella Galicia
Un ano máis voltamos á Illa de San Simón. Sinsal Son Estrella Galicia xa está aquí e terá lugar o venres 24, o sábado 25 e o domingo 26 de Xullo. Esta nova edición incorpora cambios que afectarán ao xeito de disfrutar do festival por parte do público. Por primeira vez poñeremos un bono á venda que cubrirá as xornadas do venres e o sábado e crearemos unha xornada de domingo diferente e cun carácter especial. Como adianto a esta terceira xornada dicir que será o único día no que se poñerán entradas de neno á venda e que o horario será máis reducido que en pasadas edicións.
Sinsal Son Estrella Galicia busca ampliar a experiencia e as actividades na illa. E todo dende un porto, todos os barcos sairán e chegarán a Meirande en Redondela, onde se atopa o Centro de Interpretación de Rande.
Ver la entrada original 356 palabras más