O INDICADOR DE CONFIANZA DOS FOGARES GALEGOS MELLOROU CASE 13 PUNTOS DURANTE O ÚLTIMO ANO

Avatar de VgomagazineVGO MAgazine

 É o mellor dato nun cuarto trimestre dende que o IGE realiza esta estatística
 As perspectivas sobre a situación financeira persoal tamén evolucionan favorablemente en máis de seis puntos
 Ademais, as familias galegas prevén unha mellor evolución do desemprego e da situación económica de Galicia

Santiago, 9 de xaneiro de 2015.- O indicador de confianza dos fogares galegos correspondente ao cuarto trimestre de 2014 mellorou en case 13 puntos respecto ao mesmo período do ano anterior, segundo reflicte a Enquisa Conxuntural a Fogares que publica hoxe o Instituto Galego de Estatística (IGE).

Nesta enquisa ponse de manifesto que se trata do mellor dato nun cuarto trimestre dende que o IGE realiza esta estatística. En comparación con hai dous anos, o indicador de confianza dos fogares galegos mellorou en máis de 24 puntos.

Este indicador mide as perspectivas dos consumidores e dos fogares respecto das súas expectativas de…

Ver la entrada original 218 palabras más

¿Y tú qué opinas de esto?