O labirinto do emprego e a precariedade laboral como ferramenta de exclusión e miseria

Avatar de VgomagazineVGO MAgazine

Cara a finais do verán a Xunta de Galicia aprobou unha partida orzamentaria (5 millóns de euros) para a contratación de persoas que cobraban a RISGA por parte dos concellos (un total de 126 administracións locais). Un contrato de sete a nove meses, inferior á xornada completa e para o desempeño de perfís de baixa cualificación… é unha oportunidade de emprego? NON! Condicións miserentas que implican a extinción da prestación por ter un contrato superior ao permitido pola lexislación vixente: seis meses.

E todo isto nun escenario caracterizado pola falta de transparencia e a total desinformación, pois moitas das persoas que asinaron o contrato non sabían da incompatibilidade coa RISGA. A día de hoxe, logo de varios meses traballando, aínda non saben das súas consecuencias.

As posibilidades de emprego que ofreceron desde as administracións públicas foron en sectores de ocupación como, por exemplo, os servizos de limpeza. Isto limita a…

Ver la entrada original 283 palabras más

¿Y tú qué opinas de esto?