A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, presidiu hoxe en Santiago a presentación do libro ‘Galicia, un pobo con futuro? O noso devalo demográfico’ do Museo do Pobo Galego e do Instituto de Estudos das Identidades
A titular do departamento autonómico destacou que para loitar contra esta problemática “non valen parches nin políticas a curto prazo”
Resaltou a importancia de sensibilizar á poboación fixando esta crise demográfica non só na axenda política, senón tamén na social
A conselleira lembrou que vén de solicitar no Senado un Pacto de Estado e que este ano tamén compareceu en Europa para solicitar que o cambio demográfico sexa considerado como un eixo transversal na Estratexia 2020 da UE
Santiago, 25 de novembro de 2014.- A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, apostou hoxe por seguir deseñando medidas estruturais, sostibles e rigorosas que se estendan no tempo para atallar…
Ver la entrada original 624 palabras más