Galiza ten 1.500 docentes máis en situación precaria
que en 2010
O colectivo docente perdeu un 20% de poder adquisitivo en só catro anos
En Galiza duplicouse o número de docentes en situación precaria nos últimos catro anos. Segundo
os datos que manexa o Sindicato de Traballadores e Traballadoras do Ensino de Galiza (STEG),
dos 1.445 interinos/as ou substitutos/as durante o curso 2009¬2010, pasouse aos 2.982 a comezos
do actual. A organización sindical tamén critica o aumento das horas lectivas para o profesorado,
o «aumento exponencial» de prazas en interinidade e o «alarmante» incremento de prazas con
itinerancia, isto é, profesorado que ten que acudir a dous ou máis centros distintos durante a
semana, sobre todo nas especialidades de Pedagoxía Terapéutica e de Audición e Linguaxe.
Ademais, o colectivo docente perdeu ao redor dun 20% de poder adquisitivo en só catro anos.
Por exemplo, un mestre ou mestra con 15…
Ver la entrada original 264 palabras más